Santalla de Rei, A Pobra do Brollón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 73:
 
==Patrimonio artístico==
*'''Igrexa do século XVII''' na honra a Santa Eulalia, patroa de Santalla de Rei. Está situada no centro da [[A Ribeira, Santalla de Rei, A Pobra do Brollón|Ribeira]] e ten ó seu redor o cemiterio parroquial. Está formada por unha [[nave]] principal rectangular con tellado de lousa a dúas augas e [[campanario]] con cataventos e dúas campanas. A sancristía está adosada ó [[presbiterio]]. No seu interior posúe un [[retablo]] tricentenario do [[1697]] con diversas imaxes, entre elas unha imaxe da Santa Lucía, da mesma época que o retablo. Nos laterais do [[retablo]] encontramos as imaxes de San Antón e [[Santiago o Maior|Santiago Apóstolo]]. Nos laterais da igrexa encontramos dous retablos pequenos coas imaxes da Santa Lucía e da [[Virxe]] do Rosario. No ano [[2003]] foi restaurada interior e exteriormente sen modificar a súa estrutura orixinal.
 
*'''Muiño de Folla''', situado na ribeira dereita do [[río Cabe]], no [[O Reguengo, Santalla de Rei, A Pobra do Brollón|Reguengo]], agora en desuso, propiedade privada.