Rasmus Rask: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
en:Rasmus Christian Rask
 
Liña 5:
== Biografía ==
=== Primeiros anos ===
Rask naceu en [[Brændekilde]], na illa dinamarquesa de [[Illa de Funen|FunenFionia]]. Estudou na [[Universidade de Copenhagen]], onde mostrou un extraordinario talento para a adquisición de línguas. En 1808 foi nomeado conservador axudante da [[biblioteca]] universitaria, e algúns anos máis tarde profesor de historia literaria . En 1811 publicou (en [[língua danesa|danés]], unha "''Introdución á Gramática do islandés e outras antigas línguas nórdicas''", a partir de materias eimpresos e manuscritos acumulados polos seus predecesores en tal campo de investigación, que lle conferíu reputación sólida.
 
A fama así gañada por Rask facilitoulle o acceso á [[Colección Arnamagnæan|Intitución Arnamagnæan]], na que foi empregado como editor do ''Lexicón Islandés'' (1814) de [[Björn Halldórsson]], que permanecera longo tempo como manuscrito. Rask visitou [[Islandia]], onde residíu entre 1813 e 1815, facéndose un mestre no dominio da súa língua ao tempo que se familiarizaba con a literatura, hábitos e costumes dos nativos. Ao interese que inspiraron en Rask pode, probabelmente, atribuírselle o estabelecemento en [[Copenhagen]], a comezos de [[1816]], da ''Sociedade Literaria Islandesa'', da que foi o primeiro presidente.