Abadía de Montecassino: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
 
''Para información sobre a batalla da [[Segunda Guerra Mundial]], véxase [[Batalla de Monte Cassino]]''
 
Liña 8 ⟶ 7:
Como ocorría a miúdo cos primeiras institucións [[Cristianismo|cristiás]], o mosteiro foi situado nunha antiga construción pagá, un templo de Apolo que coroaba o outeiro, rodeada por un muro fortificado por riba da pequena cidade de Cassino, aínda en gran parte pagá por aquel entón, e que fora asolada había pouco polos [[godos]]. O primeiro que fixo Bieito foi esnaquizar a escultura de Apolo e destruír o altar. Volveu a dedicar o lugar a [[Xoán o Bautista]]. Unha vez que se estableceu alí, Bieito xamais o abandonou. En Monte Cassino escribiu a [[Regra de San Bieito]], a cal se converteu no principio fundador para a práctica monástica en occidente. En Monte Cassino recibiu a visita de [[Totila]], rei dos ostrogodos, no ano [[580]] (a única data histórica segura para Bieito), e alí morreu.
 
Monte Cassino converteuse nun modelo para futuros desenvolvementos. Desafortunadamente pola súa situación protexida foi sempre un importante lugar estratéxico. Foi saqueada ou destruída varias veces. No ano [[584]] os [[longobardos]] saquearon a abadía, e os monxes superviventes fuxiron a Roma, onde permaneceron durante máis dun século. Durante este tempo o corpo de San Bieito foi trasladado a Fleury, o actual [[Saint-Benoit-sur-Loire]] próxima a Orleans, Francia. Un período florecente de Monte Cassino seguiu ao seu restablecemento no ano [[718]], cando entre os monxes estivo [[Carlomán]], fillo de [[Carlos Martel]]; [[Ratchis]], antecesor do gran duque longobardo e rei [[Aistolfo]]; e [[Paulo Diácono]], o historiador dos longobardos. No ano [[744]], unha doazón de [[GisulfoXisulfo II de Benevento]] creou a ''Terra Sancti Benedicti'' (a terra do santo Bieito), as terras seculares de xurisdición da abadía, as cales estaban suxeitas ao abade e a ninguén máis agás o papa. Deste modo, o mosteiro converteuse na capital dun estado que comprendía unha rexión compacta e estratéxica entre o longobardo [[Ducado de Benevento|principado de Benevento]] e as cidades-estado gregas da costa, os ducados de [[Ducado de Nápoles|Nápoles]], [[Ducado de Gaeta|Gaeta]] e [[Ducado de Amalfi|Amalfi]], todos eles aparecidos como provincias (''temas'') de orixe bizantina. No ano [[883]] os [[sarracenos]] saquearon e incendiaron a abadía. Entre os grandes historiadores que traballaron no mosteiro, neste período, están [[Erchemperto]], autor da ''[[Historia Langobardorum Beneventanorum]]'' a cal é unha crónica fundamental do [[Mezzogiorno]] do século noveno.
 
Foi reconstruída e acadou o cume da súa fama no [[século XI]] baixo o abade Desiderio (abade desde [[1058]] ata [[1087]]), quen despois se convertería no Papa [[Vítor III, papa|Vítor III]]. O número de monxes ascendeu ata ao redor de 200, e a biblioteca, os manuscritos producidos no ''scriptorium'' e a escola de ilustradores de manuscritos, fixéronse famosos en todo Occidente. A escritura única do Benevento floreceu aquí durante o mandato do abade Desiderio. Os edificios do mosteiro foron reconstruídos nunha escala de gran magnificencia, traendo artistas desde Amalfi, Lombardía, e mesmo desde Constantinopla, para supervisar as variadas obras. A igrexa da abadía, reconstruída e decorada con sumo esplendor, foi consagrada no ano [[1071]] polo Papa [[Alexandre II, papa|Alexandre II]]. Existe un relato da abadía nestas datas na ''Chronica monasterii Cassinensis'' por [[León de Ostia]] e [[Amato de Monte Cassino]] que nos dá a mellor fonte dos primeiros [[normandos]] no sur.