Abadía de Montecassino: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Monte Cassino movida a Batalla de Monte Cassino: Monte Cassino é o nome dun mosteiro beneditino (o que foi destruído no curso destas batallas) que merece un artigo propio.
 
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
 
#REDIRECT [[Batalla de Monte Cassino]]
''Para información sobre a batalla da [[Segunda Guerra Mundial]], véxase [[Batalla de Monte Cassino]]''
 
[[Imaxe:Monte Cassino Cmentarz 1.JPG|thumb|300 px|Mosteiro restaurado visto desde o cemiterio para os soldados polacos]]
'''Monte Cassino''' é un outeiro rochoso a uns 130 km ao sur de [[Roma]], [[Italia]]; un quilómetro e medio ao oeste da cidade de [[Cassino]] (a ''Casinum'' romana estivera no outeiro) e a 520 metros de altitude. Este no sur do [[Lacio]], rexión da cal [[Roma]] é capital.
É célebre por ser o lugar onde [[Bieito de Nursia]] estableceu o seu primeiro [[mosteiro]], a fonte da orde beneditina, sobre o ano [[529]], e por ser o lugar de varias batallas cara ao final da [[Segunda Guerra Mundial]].
 
Como ocorría a miúdo cos primeiras institucións [[Cristianismo|cristiás]], o mosteiro foi situado nunha antiga construción pagá, un templo de Apolo que coroaba o outeiro, rodeada por un muro fortificado por riba da pequena cidade de Cassino, aínda en gran parte pagá por aquel entón, e que fora asolada había pouco polos [[godos]]. O primeiro que fixo Bieito foi esnaquizar a escultura de Apolo e destruír o altar. Volveu a dedicar o lugar a [[Xoán o Bautista]]. Unha vez que se estableceu alí, Bieito xamais o abandonou. En Monte Cassino escribiu a [[Regra de San Bieito]], a cal se converteu no principio fundador para a práctica monástica en occidente. En Monte Cassino recibiu a visita de [[Totila]], rei dos ostrogodos, no ano [[580]] (a única data histórica segura para Bieito), e alí morreu.
 
Monte Cassino converteuse nun modelo para futuros desenvolvementos. Desafortunadamente pola súa situación protexida foi sempre un importante lugar estratéxico. Foi saqueada ou destruída varias veces. No ano [[584]] os [[longobardos]] saquearon a abadía, e os monxes superviventes fuxiron a Roma, onde permaneceron durante máis dun século. Durante este tempo o corpo de San Bieito foi trasladado a Fleury, o actual [[Saint-Benoit-sur-Loire]] próxima a Orleans, Francia. Un período florecente de Monte Cassino seguiu ao seu restablecemento no ano [[718]], cando entre os monxes estivo [[Carlomán]], fillo de [[Carlos Martel]]; [[Ratchis]], antecesor do gran duque longobardo e rei [[Aistolfo]]; e [[Paulo Diácono]], o historiador dos longobardos. No ano [[744]], unha doazón de [[Gisulfo II de Benevento]] creou a ''Terra Sancti Benedicti'' (a terra do santo Bieito), as terras seculares de xurisdición da abadía, as cales estaban suxeitas ao abade e a ninguén máis agás o papa. Deste modo, o mosteiro converteuse na capital dun estado que comprendía unha rexión compacta e estratéxica entre o longobardo [[Ducado de Benevento|principado de Benevento]] e as cidades-estado gregas da costa, os ducados de [[Ducado de Nápoles|Nápoles]], [[Ducado de Gaeta|Gaeta]] e [[Ducado de Amalfi|Amalfi]], todos eles aparecidos como provincias (''temas'') de orixe bizantina. No ano [[883]] os [[sarracenos]] saquearon e incendiaron a abadía. Entre os grandes historiadores que traballaron no mosteiro, neste período, están [[Erchemperto]], autor da ''[[Historia Langobardorum Beneventanorum]]'' a cal é unha crónica fundamental do [[Mezzogiorno]] do século noveno.
 
Foi reconstruída e acadou o cume da súa fama no [[século XI]] baixo o abade Desiderio (abade desde [[1058]] ata [[1087]]), quen despois se convertería no Papa [[Vítor III, papa|Vítor III]]. O número de monxes ascendeu ata ao redor de 200, e a biblioteca, os manuscritos producidos no ''scriptorium'' e a escola de ilustradores de manuscritos, fixéronse famosos en todo Occidente. A escritura única do Benevento floreceu aquí durante o mandato do abade Desiderio. Os edificios do mosteiro foron reconstruídos nunha escala de gran magnificencia, traendo artistas desde Amalfi, Lombardía, e mesmo desde Constantinopla, para supervisar as variadas obras. A igrexa da abadía, reconstruída e decorada con sumo esplendor, foi consagrada no ano [[1071]] polo Papa [[Alexandre II, papa|Alexandre II]]. Existe un relato da abadía nestas datas na ''Chronica monasterii Cassinensis'' por [[León de Ostia]] e [[Amato de Monte Cassino]] que nos dá a mellor fonte dos primeiros [[normandos]] no sur.
 
Un terremoto danou a abadía no ano [[1349]], e aínda que o lugar foi reconstruído, este feito marcou o comezo dun longo período de deterioración. En [[1321]], o Papa [[Xoán XXII, papa|Xoán XXII]] fixo da igrexa de Monte Cassino unha catedral, e a independencia do mosteiro das intervencións episcopais, coidadosamente mantida, chegou ao seu final. No ano [[1505]] o mosteiro foi unido ao de Santa Xustina de Padua.
 
O lugar foi saqueado polas tropas de [[Napoleón]] en [[1799]] e desde a disolución dos mosteiros italianos no ano [[1866]], Monte Cassino converteuse nun [[Monumento Nacional]]. Produciuse unha destrución final o [[15 de febreiro]] de [[1944]] cando, durante as [[Batalla de Monte Cassino|catro batallas de Monte Cassino]] (desde xaneiro ata maio de [[1944]]), o edificio enteiro foi pulverizado nunha serie de asaltos aéreos. A abadía foi reconstruída despois da guerra, financiada polo Estado italiano. O Papa [[Paulo VI, papa|Paulo VI]] volveu a consagrala en 1964.
 
Os arquivos, ademais dun vasto número de documentos relacionados coa historia da abadía, conteñen uns 1400 insubstituíbeis [[Códice|códices]] manuscritos, sobre todo históricos. Pola gran previsión do tenente Julius Schlegel (que era católico, un oficial nado en Viena) e a capitán Maximilian Becker (que era protestante e ambos, pertencentes á [[División Panzer]] de Hermann Göring), estas obras, así como outras obras de arte que se atopaban alí, por exemplo obras de [[Leonardo da Vinci]], [[Tiziano]] ou [[Rafael Sanzio|Rafael]], foron todas transferidas ao Vaticano ao comezo da batalla. En agradecemento, os monxes celebraron unha [[misa]] especial.
[[Imaxe:Monte Cassino Opactwo 1.JPG|thumb|300 px|Vista do Mosteiro reconstruído]]
 
==Ligazóns externas==
 
{{commons|Monte Cassino Abbey|Monte Cassino}}
*[http://www.capriatialvolturno.com/Monte Cassino_new.html Monte Cassino]
*[http://maps.google.com/maps?f=q&hl=es&q=Monte Cassino+italy&ie=UTF8&ll=41.495207,13.813248&spn=0.120862,0.431213&t=k&om=1 Ubicación do Mosteiro en Google Maps]
 
[[Categoría:Lacio]]
[[Categoría:Mosteiros]]
[[Categoría:Arquitectura de Italia]]
 
[[br:Monte Cassino]]
[[ca:Monte Cassino]]
[[cs:Monte Cassino]]
[[da:Monte Cassino]]
#REDIRECT [[Batalla de :Monte Cassino]]
[[en:Monte Cassino]]
[[es:Monte Cassino]]
[[fi:Monte Cassino]]
[[fr:Mont Cassin]]
[[it:Abbazia di Monte Cassino]]
[[ja:モンテ・カッシーノ]]
[[la:Mons Casinus]]
[[nl:Monte Cassino]]
[[pl:Monte Cassino]]
[[pt:Monte Cassino]]
[[ru:Монтекассино]]
[[sv:Monte Cassino]]