Diferenzas entre revisións de «Ron Gilbert»

m
sen resumo de edición
 
m
Gilbert medrou nun pobo pequeno en [[Oregon]], sendo fillo dun profesor de [[física]] dun colexio. Mentres estaba na escola secundaria, Gilbert aprendeu pola súa conta a programar en [[linguaxe ensamblador]] e adicou moito do seu tempo ó desenrolo do seu talento como programador. Comezou a sua carreira profesional en [[1983]], sendo todavía estudiante, escribindo un programa chamado ''Graphics Basic'' con [[Tom McFarlane]]. Eles vendérono a unha compañía da [[bahía de San Francisco]] chamada [[HESware]] (Human Engineered Software). Impresionados co seu traballo, HESware ofrecéulle traballo a Gilbert. Pasou alí medio ano, programando xogos de plataformas para o [[Commodore 64]] (C64). Ningún deles chegou a ser publicado, pola quebra da compañía. Pouco despois, Gilbert uníuse a [[Lucasfilm Games]], que máis tarde convertiríase en [[LucasArts]]. Alí gañou a vida facendo conversións para o C64 dos xogos de Lucasfilm para o [[Atari 800]].
 
En [[1985]] tivo a oportunidade de desenrolar o seu propio xogo sobre unha escura mansión [[edad victoriana|vactorianavictoriana]] habitada por un científico tolo, a súa lixeiramente retrasada proxenie e extranos [[vida extraterrestre|extraterrestres]]. Ron Gilbert e o artista de Lucasfilm Games [[Gary Winnick]] tiveron esta idea durante varias conversacións, que logo presentaron á dirección.
 
Gilbert programou unha [[linguaxe de script]], que recibiu nome polo proxecto para o que fora escrita, Script Creation Utility for Maniac Mansion, máis coñecido como [[SCUMM]].
122

edicións