Martin Heidegger: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 21:
Nado o [[26 de setembro]] de [[1889]] en [[Messkirch]] ([[Baden-Württemberg]]). Estudou [[teoloxía]] e filosofía en [[Friburgo]] acadando finalmente o graduado nesta última disciplina baixo a tutela de [[Heinrich Rickert]]. Tras un período docente de cinco anos na Universidade de Marburgo, substitúe en [[1928]] ó seu mentor [[Edmund Husserl]] na cátedra que este ostentaba na [[Universidade]] de [[Friburgo]]. Posteriormente, trala subida ó poder de [[Adolf Hitler|Hitler]], foi nomeado en [[1933]] [[reitor]] desta Universidade.
 
Un ano despois renuncia ó cargo de reitor debido a certas discrepancias co [[Partido Nacionalsocialista Alemán dos Traballadores|Partido Nazi]] en torno á destitución dalgúns profesores críticos co réxime nazi. De todas maneiras, estes acontecementos mancharán inevitablemente para sempre ao súaseu labouralabor intelectual. Coa fin da [[II Guerra Mundial]] e a ocupación de Alemaña, as autoridades aliadas destitúen a Heiddeger como profesor en Friburgo ata que é rehabilitado de novo en [[1951]]. Comeza así unha época na que imparte diversos [[seminario]]s e [[conferencia]]s nos que se vai acentuando unha [[linguaxe]] cada vez máis [[poesia|poética]] e enigmática allea ó [[sistematicismo]] dominante na historia da filosofía. O [[29 de maio]] de [[1976]] morre na súa cidade natal.
 
==Pensamento==