Conversa Wikipedia:Votacións á administración/Eleccións/Usuario:Toliño: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 7:
 
:Particularmente, ademais, o punto 3 é falso. Aínda que como ben aclara Elvire non ten importancia. --[[Usuario:Xabier Cid|Xabier Cid]] 21:59, 19 maio 2008 (UTC)
----
Non pensaba editar nin unha coma, pero como podo apuntar dúas cousas importantes neste tema, síntoo, non quero calar, 1º eu pedinlle ao usuario Toliño na súa páxina de conversa non hai moito tempo (pódese comprobar en Betawiki porque coincide co seu rexistro) se se animaba a participar en Betawiki, fíxeno alí porque non tiña o seu correo activado, así que polo menos ata hai moi pouco o que di Xabier non é certo. Ademais como se lle pediu que o activase? Que problema hai en dicilo? Eu a Miguel.Lima comenteille polo irc da Gali que o tiña tamén desactivado e activouno, porén non atopo na páxina de conversa de Toliño (como si se lle pediu ao usuario Caronium polo administrador Sobreira) esa petición, nin tampouco Toliño é un usuario que se conecta ao IRC. Polo tanto, non sei como se pode contactar cun usuario, pedirlle que sexa administrador e que active o correo, por telepatía? Non viría mal unha explicación.
2º- Se alguén, sexa quen sexa ten dúbidas de que un usuario non é un usuario, senón un sockpuppet ou meatpuppet, cito textualmente a Xabier Cid: "Non o tomes a mal, segue editando coma sempre e os teus actos amosarán que non é certo". Outra posibilidade é recurrir a un checkuser, opción que existe, e dese xeito quedaría demostrado se o é ou non.
 
:Por último, (e isto sí é só a '''miña opinión persoal''') só un consello como ex-usuaria, da moi mala imaxe, o dobre raseiro que cada vez máis aplicades. O administrador Lmbuga acusa sen probas a Xosé de peseteiro e chega a bloquealo e non pasa nada (e todos os administradores o consentides), o usuario Prevert "demoniza" a ese mesmo administrador coñecendo que se atopa ausente e que non pode respostar as súas acusación e tampouco hai "solidariedade" co acusado, iso si aqueles usuarios que protestan por ese atropello, son atropelados por un ou outro deses administradores. Pódense riscar os votos a posteriori nunha votación sen deliberación previa pero non se pode pedir unha comprobación de identidade cando un usuario ten unha dúbida sobre alguén que é proposto para nada máis e nada menos que ser "administrador". Ninguén discute que isto non é ningún experimento democrático, pero o de que ante situacións iguais ou semellantes se apliquen solucións distintas en función de quen sexa o implicado........ da unha idea da "orientación ideolóxica que recuperachedes" polo visto. Noraboas a todos. Isto sí é pluralidade e respecto. Ben se nota no crecemento da Galipedia. Non hai peor cego que o/s que non queren ver. Iso sí que vos vaia "bonito". A min vaime xenial. [[User:Alma|Alma]]<sup>[[User talk:Alma| (fálame eiquí) ]]</sup> 10:03, 20 maio 2008 (UTC)
Volver á páxina do proxecto "Votacións á administración/Eleccións/Usuario:Toliño".