Arenito: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: As areíscas ou arenitas son rochas sedimentarias de tipo detrítico constituídas por areas aglutinadas por un cemento natural que xeralmente caracteriza a rocha. Despois da [[lulita]...
 
mSen resumo de edición
Liña 1:
As areíscas ou arenitas son [[rochas sedimentarias]] de tipo detrítico constituídas por areas aglutinadas por un cemento natural que xeralmente caracteriza a rocha. Despois da [[lulita]], é a rocha sedimentaria máis importante. Distínguense facilmente, pois o seu aspecto é o da area da praia cuxos grans están cementados. O seu aspecto é asperto e recorda ao dunha lixa. A súa cor é moi variábel, en función da natureza dos seus grans, do cemento e do ambiente sedimentario onde se orixinaron. A arenita está composta por partículas de tamaño comprendido entre 2 mm y 1/16 mm. Estas partículas son maioritariamente minerais resistentes á meteorización ([[cuarzo]] principalmente, micas, feldespatos y óxidos) e fragmentos de rochas.
 
Clasifícanse atendendo a composición dos seus grans (cuarzo, feldespatos e fragmentos de rochas) e a matriz que os engloba. Así, son nomes comúns de areíscas os de cuarciarenitas (areíscas de cuarzo), as arcosas (areíscas de feldespatos), grauvaca (rochas con máis do 15% de matriz) e litaneritas (rocas formadas por fragmentos de rocas). Estas últimas teñen nomes específicos que denotan o tipo de fragmentos de rocha como as calcarenitas (formadas por fragmentos de rochas carbonatadas).