Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 16:
==Disrupción==
Pregaríache que deixases de interromper a actividade normal da Galipedia coas túas accións. Unha acción construtiva non pasa por acusar a usuarios de forma paranoica. Se tiveses algunha razón real para pensar que Toliño fose un usuario monicreque terías que telo dito no momento en que o soubeches: porén, semella máis ben que queres interromper unha votación, e o que é peor, desvirtuar un debate aberto, importante e legal sobre a posibilidade de que un usuario chegue a ser administrador. Moitas grazas pola túa cooperación. --[[Usuario:Xabier Cid|Xabier Cid]] 14:55, 19 maio 2008 (UTC)
:As opinións son moi aprezadas e valiosas para a comunidade. Persoalmente, aprezo máis as opinións contrarias, porque me fan mellorar. Pero a acción saboteadora e disruptiva do traballo pacífico e normal da wikipedia acaba en bloqueo. Grazas pola colaboración. Un saúdo. --[[Usuario:Xabier Cid|Xabier Cid]] 15:07, 19 maio 2008 (UTC)