Wikipedia:Votacións a burócrata/Eleccións/Usuario:Albert galiza: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
poño data de finalización, como ben sinala Miguel.lima
Lansbricae (conversa | contribucións)
→‎En contra: comentario
Liña 25:
 
* {{Comentario}} O que si boto en falta é a data de inicio e fin da votación na cabeceira da páxina. [[Usuario:Miguel.lima|Miguel.lima]] 20:19, 18 maio 2008 (UTC)
 
----
 
* {{Comentario}} '''Resposta a Miguel Lima''': Política de administradores xa existe. Que exprese a miña opinión non implica que a miña intención sexa a de bloquear cada cousa sobre a que opino. Eu votei en contra pero votei, non pedín agardar nin pedín que se paralizase nada. Coa miña participación no proxecto non creo terme caracterizado por pretender o bloqueo de nada. A miña opinión e voto en contrario ven determinada pola experiencia que tiven coa figura do burócrata durante o tempo que levo colaborando no proxecto. A primeira actuación dun burócrata que eu observei foi a elección, o 7 de marzo de 2007, dos administradores por parte do burócrata e administrador naquel entonces Prevert: Sobreira, Xosé, Albert galiza, Beninho e Miñato e o nomeamento como burócrata de Xelo2004 [http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Especial%3ALog&type=rights&user=&page=&year=&month=-1], sendo unha decisión persoal como informou o [[usuario:moderador]] (sic) e el mesmo. A seguinte ocasión na que tiven coñecemento do actuar dun burócrata foi cando o usuario Xelo2004 decidiu traspasarlle o status de administrador do [[usuario:moderador]] a un vello relixioso que retornara das misións, aló polos finais de agosto e principios de setembro. A seguinte ocasión foi o nomeamento que decide persoalmente o burócrata xelo2004 de nomear burócrata ao administrador Miñato, que ao tempo é acusado por outro burócrata Lmbuga de xerar o sentimento de estar a dar un golpe de estado [http://gl.wikipedia.org/wiki/Conversa_Usuario:Miñato#Non_vou_dimitir]. Entendo que en todos eses nomeamentos houbo algún tipo de consenso, pero a falta dun sistema público e claro de elección de burócratas creo que é evidente que ten sido un factor moi perxudicial para a estabilidade e convivencia no proxecto.
: En canto ao exposto por Xabier Cid na páxina de conversa de Miguel Lima:
 
''"Ola, Miguel.lima, xa puxen o sinal de data de remate, que se me esquecera. Síntoo. Grazas por lembrarmo. As eleccións á administración teñen un prazo de 15 días. Por outra parte, e aínda que non están reguladas especificamente as eleccións a burócratas, e tendo o carácter tan particular destas eleccións, entendín que nunca poderían esixir requirimentos máis estritos cós que rexen para a administración, que foron moi elaborados e discutidos, e sobre os que se creou un importante consenso, non só de letra, senón tamén de espírito. En todo caso, e como ti ben dis, se alguén entendese que ese consenso anterior carece de validez agora, habería que pensar na creación dunhas normas particulares. Un saudiño. --Xabier Cid 20:40, 18 maio 2008 (UTC)"'',
 
lamento disentir en que a política de aprobación dos administradores e o consenso que conlevou non foi tan unánime como sinala e ademais é evidente que ese consenso xa non é o mesmo xa que desde aquela téñense bloquedo para sempre a un editor (Maañón), bloqueado un administrador (Xosé) por un burócrata (por falar onde lle exigiran antes que falase), e acusado (coa mera repetición de insinuacións e sospeitas presentados a modo de indicios de non sei que) ese mesmo administrador de xeito continuado por ese mesmo burócrata e o usuario Prevert ata obter que ese administrador deixe de participar activamente no proxecto. Por isto e algunhas cousas mais considero que non existe un consenso similar ao que había daquela e quero tamén recordar que varios editores non votamos naquela ocasión, abstivémonos para non bloquear a votación, xa que daquela falábase de que se trataba dun acordo de mínimos a completar co tempo.
 
Por todas estas razóns din a miña opinión e, a pesares de considerar que a forma sempre e modificable, creo que neste caso o feito de non establecer un sistema previamente a elección dun burócrata implicaría a continuación dos erros xa cometidos (claro está sen votación naqueles casos), e que esta elección só vai facer que o proceso endogámico do que é producto a elección de gran parte dos administradores e burócratas deste proxecto aumente.
 
Por último engadir que si o meu interese fose o de bloquear algo, creo ter aprendido aquí que o mellor xeito de bloquear algo é co silencio (que por desgraza xogou tamén un papel importante nestes últimos tempos). Só dou a minha opinión e pido que como tal se teña en conta sen tentar darlle intencións ocultas de pretender bloquear nada. Se o meu historial serve para xustificar bloqueos, creo que o meu historial tamén debe servir para que se vexa o interés que amosei en traballar no proxecto, non en bloquear nada del. Saúdos. [[User:Lansbricae|Lansbricae]]<sup>[[User talk:Lansbricae| (Ti dirás) ]]</sup> 12:12, 19 maio 2008 (UTC)
 
====Neutros====