Consello da Mocedade: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: O '''Consello da Mocedade''' foi unha agrupación política constituída a fins de 1963 por iniciativa do primeiro grupo da Unión do Pobo Galego que pretendía constituír un ...
 
mSen resumo de edición
Liña 1:
O '''Consello da Mocedade''' foi unha agrupación política constituída a fins de [[1963]] por iniciativa do primeiro grupo da [[Unión do Pobo Galego]] que pretendía constituír un grupo galeguista á marxe do galeguismo cultural desenvolvido por [[Ramón Piñeiro]]. Nesta agrupación integrouse a maior parte do [[grupo Brais Pinto]] e a UPG ([[Xosé Luís Méndez Ferrín]], [[Bautista Álvarez]], [[Raimundo Patiño]], [[Xosé Alexandre Cribeiro]]) pero tamén outro grupo vencellado ao propio galeguismo cultural como [[Arcadio López Casanova]], [[Salvador García-Bodaño]], [[Xosé Luís Rodríguez Pardo]]. O seu secretario xeral era [[Antón Moreda]], en total agrupaba unhas 50 persoas. A tensión entre os dous grupos constituíntes levou á inoperatividade da organización, finalmente o grupo afín a Ramón Piñeiro que era maioritario celebrou unha xuntanza a comezos de 1964 e decidiu expulsar ao sector minoritario que incluía ao secretario xeral, este grupo pouco despois refundou a UPG mentres o Consello da Mocedade deixou de actuar.
 
== Bibliografía ==