Wikipedia:Votacións a burócrata/Eleccións/Usuario:Albert galiza: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elvire (conversa | contribucións)
→‎A favor: e voto
Lansbricae (conversa | contribucións)
discordo
Liña 17:
 
====En contra====
* {{Discordo}}. '''NON EXISTE POLÍTICA DE ELECCIÓN DE BURÓCRATAS'''. Na miña opinión nen sequera cumpre cos mínimos necesarios para ser considerado un bo administrador, menos o vexo como burócrata. Non ten adoptado unha posición propia nin neutral en moitos dos acontecementos sucedidos na galipedia. Ten por costume non xustificar as súas actuacións cousa que considero perniciosa en grado máximo para o proxecto, e é partícipe coas súas actuacións de que se vulnerasen as poucas políticas aprobadas pola comunidade ata agora (vid. que hai que facer para pedir a demisión dun administrador e o que se permitiu facer co administrador Xosé). Na miña opinión os seus xeitos de actuar son parte importante na consecuencia de que varios editores "bastante" activos abandonasen a edición activa no proxecto.
 
:A parte de todo isto non entendo esta votación en que se basea, nunha norma inglesa? Un administrador elexido por outro administrador é proposto por outro administrador en base a '''unha política non existente de elección de burócratras'''. Un pouco de coherencia ao sistema non lle faría mal ningún. Propor primeiro un sistema de elección de burócratas e despois propor o que se considere. Qué é isto unha aplicación por analoxía da política aprobada para a elección dos administradores? [[User:Lansbricae|Lansbricae]]<sup>[[User talk:Lansbricae| (Ti dirás) ]]</sup> 18:29, 18 maio 2008 (UTC)
 
====Neutros====