Zum ewigen Frieden: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
Sobre a paz perpetua é unha obra filosófica de Immanuel Kant.
 
Si existe un deber e ó mesmo tempo unha esperanza fundada de que fagamos realidade o Estado dun dereito público, aínda que soamente sea unha aproximación. A paz perpetua, que se deriva dos ata agora mal chamados tratados de paz, non é unha idea vacía senón que unha tarefa que se irá resolvendo pouco a pouco ata acadar o seu fin.
 
==Estrutura==
"Sobre a paz perpetua", preséntase como un tratado estruturado es dúas seccións:
A primeira contén seis artículos preliminares e a segunda, tres artículos definitivos para a paz perpetua entre os Estados. Consta tamén de dous anexos ou apéndices:
 
Consta tamén de dous anexos ou apéndices:
:1. Sobre a discrepancia entre a moral e a política dende a perspectiva da paz perpetua.
:2. Da harmonía da política coa moral segundo o concepto trascendental do dereito público.
Liña 9 ⟶ 13:
==Resumo==
O tema exposto neste ensaio filosófico “Sobre a paz perpetua” , publicado en 1975 por Kant, é a posibilidade de lograr a paz efectiva e xusta no mundo. Kant establecerá unhas condicións obxectivas, xurídicas e políticas para que os Estados abandonen o militarismo e as ambicións territoriais. Deste xeito os Estados tentarán buscar a cooperación e a hospitalidade entre os pobos.
 
Kant considera que para conseguir a paz perpetua é necesario abolir ao exército así como crear unha Constitución republicana en cada Estado. Kant pretenderá que todos os Estados busquen a paz honestamente.
 
===Primeiro artigo para a paz perpetua: A Constitución de todo Estado debe ser republicana===
O estado de paz entre os homes que viven xuntos non é un estado de natureza senón que é un estado de guerra no que as hostilidades están presentes en calquera momento.
Liña 16 ⟶ 22:
:2- A dependencia de todos respecto a unha única lexislación común.
:3- A lei de igualdade entre todos os súbditos en canto cidadáns.
 
Pero aínda así esta Constitución precisará o consentimento de todos os cidadáns para decidir se haberá guerra ou non.
 
Polo contrario, nunha Constitución na cal o súbdito non é cidadán, é dicir, nunha Constitución non republicana, a guerra é sinxela, xa que o xefe do Estado non é membro do Estado senón o seu dono, polo que a guerra non lle causará ningunha perda.
 
==Segundo artigo para a paz perpetua: O dereito de xente debe fundarse nunha federación de Estados libres==
Os pobos poden considerarse segundo a súa natureza individuos que se perxudican uns a outros para manter a súa seguridade. Cada pobo debe esixir ao outro que entre nunha Constitución semellante á civil para garantir os dereitos de cada un. Isto sería unha confederación de pobos. Porén, habería unha serie de contradiccións porque nun Estado necesítase a relación entre un superior (lexislador) e un inferior (o pobo). Polo que moitos pobos nun mesmo Estado pasarían a formar un único pobo e isto non debe ocorrer. De maneira que a única forma que teñen os Estados para conseguir o seu dereito só pode ser através da guerra. Pero, o dereito non pode ser decidido a través dunha guerra nin sequera a través dunha vitoria e un tratado de paz unicamente acabaría coa guerra pero non coa situación de guerra. Ademais o estado de paz non pode establecerse sin un pacto entre os pobos. Así a federación da paz buscará acabar coa guerra mentras que o estado de paz acabaría con todas as guerras para sempre.
 
A federación mantén a liberdade dun Estado e tamén dos Estados federados para que non se sometan a leis públicas nin a coaccións. Esta idea débena adoptar os outros Estados para acadar a paz perpetua.
 
Liña 28 ⟶ 37:
==Garantía da paz perpetua==
Esta garantía é suministrada pola natureza que persegue unha finalidade: que os homes consigan a harmonía a través do antagonismo. Isto coñécese co nome de destino ou providencia. O termo natureza, como unha teoría é apropiado para os límites da razón humana que debe manterse dentro dos límites da experiencia. Para garantir a paz hai que examinar o modo no que se suministra esa garantía. A organización provisional da natureza consiste no seguinte:
:1. Que os homes de todas as partes da terra poidan vivir.
:2. A través da guerra levounos ás rexións máis inhóspitas para poboalas.
:3. A través da guerra tamén obrigou ós homes a relacionarse legalmente.
 
1.* Para que os homes poidan vivir sobre a terra, a natureza elixiu a guerra como medio. A guerra non necesita motivos especiais porque xa está presente na nosa natureza, incluso é considerada como algo nobre. Todo pobo acha outro pobo inimigo. Polo tanto, a Constitución republicana é a única adecuada para os dereitos dos homes, pero tamén é a máis difícil de instaurar e de conservar. Ademais os homes non están capacitados para unha Constitución tan sublime. Estes aproximan a súa conduta externa á idea de dereito pero non é a moralidade a causa dese comportamento. A natureza quere que o dereito se conserve na súa superioridade. O que non se faga agora rematará facéndose por sí mesmo.
 
2.* A idea do dereito de xente supón a separación dos Estados veciños. Aínda que esta situación é unha situación de guerra, é mellor que a súa unión a unha potencia que controle a todos os demais. Isto tamén faría perder a eficacia das leis xa que aumentarían os territorios a gobernar. Porén, todo Estado persegue a paz duradeira. Pero a natureza emprega medios para diferenciar os pobos causando o odio entre eles e a escusa para a guerra. A pesar de todo, estas diferencias ( lingua e relixión ) conducen á paz.
 
3.* Da mesma maneira que a paz separa pobos tamén os une. Trátase do espiritu comercial que non pode convivir coa guerra. É o poder máis fácil de todos. Os Estados vense obrigados a fomentala paz e evitar a guerra por medio de negociacións.
 
==Artigo secreto para a paz perpetua==
O Estado deixará falar libre e pulicamente ós filósofos sobre os principios da guerra e da paz.
 
Pero, non terá porque conceder prioridade ós filósofos fronte ós xuristas se non que unicamente deberá escoitalos.
 
==Anexo I: Sobre a discrepancia entre a moral e a política respeto á paz perpetua==
A moral é unha práctica no sentido obxectivo, un conxunto de leis obrigatorias que debemos obedecer e sobre as que debemos actuar. Non debe existir ningunha disputa entre a moral e a política polo que non hai ningún conflito obxectivamente entre ambas. Porén, esta disputa está presente subxectivamente na inclinación egoísta dos homes e sempre o haberá porque serve de estímulo á virtude. Esta pretenderá vencer a astucia do mal.
 
O moralista político comete unha inxustiza ó non respetar o concepto de dereito que sería o único que podería conseguir a paz para sempre.
 
Liña 57 ⟶ 68:
 
A filosofía faría fracasar a unha política tenebrosa mediante a publicidade das súas máximas ( dereito político, dereito de xentes, dereito cosmopolita ).
 
Si existe un deber e ó mesmo tempo unha esperanza fundada de que fagamos realidade o Estado dun dereito público, aínda que soamente sea unha aproximación. A paz perpetua, que se deriva dos ata agora mal chamados tratados de paz, non é unha idea vacía senón que unha tarefa que se irá resolvendo pouco a pouco ata acadar o seu fin.