Diferenzas entre revisións de «Germán Coppini»

sen resumo de edición
m (adicar->dedicar)
'''Germán Coppini López-Tormos''', coñecido artisticamente cono '''Germán Coppini''', é un cantante nacido en 1961 en [[Santander]], pero que desarrolloudesenvolveu a súa carreira en [[Vigo]].
 
==Biografía==
Entre outono de 1981 e primavera de 1983 forma parte de Siniestro Total, cos que edita en xuño de 1982 o [[EP]] ''Ayudando a los enfermos'', en novembro o [[LP]] ''¿Cuándo se come aquí?'' e en febreiro de 1983 o sinxelo ''Sexo chungo/Me pica un huevo''.
 
En febreiro de 1983 recibe un botellazo na perna mentras está actuando con Siniestro na Sala Zeleste en [[Barcelona]], o que o obriga a ingresar por unhas semanas no hospital, durante as que se prantexa seriamente a súa continuidade no grupo. Tras saír do hospital contacta co seu compañeiro de instituto [[Teo CardaldaCarralda]], co que forma un dúo, en principio tan só un pequeno proxecto paralelo a Siniestro Total, co nome de [[Golpes Bajos]]; de modo que compaxina a súa actividad nos dous grupos tocando de luns a vernes en Siniestro e as fins de semana en Golpes, que en principio só se dedicaban a gravar versións de [[The Who]].
 
Pero o momento decisivo chega cando con este último grupo envía algunhas cancións para participar no concurso de maquetas da revista ''Rock Espezial'' (actualmente ''[[Rockdelux]]'') e gañan o primeiro premio. Pouco despois e debido a este éxito, Golpes aparece no programa ''La edad de oro'' de [[Televisión Española]], presentado por [[Paloma Chamorro]]; Germán non comenta que tamén pertence a Siniestro Total, o que fai que o resto de compoñentes do grupo se ofendan.
 
===En solitario: ata ''Carabás''===
Así pois, xa sen compromisos, Germán decide entón tomar uns meses de descanso durante o resto do ano, ata que en marzo de 1986 volve á escena musical en forma de reunión con [[Nacho Cano]], colco que grava o maxisinxelo "Edición limitada", presentado oficialmente en [[La 2]] de Televisión Española o 12 de marzo de 1986, e mercede ó cal recibe o premio ó mellor solista do programa de [[Rafael Abitbol]] en [[Radio 3]]. Este maxisinxelo vén acompañado polos sinxelos promocionais "Dame un chupito de amor" e "Pepito el Grillo".
 
Finalmente en 1987 decídese a gravar un disco en solitario, ''El ladrón de Bagdad'', esta vez en [[Hispavox]], producido por [[Luis Fernández Soria]], que aparece xunto co sinxelo "Alien divino" e un maxisinxelo cos temas "Por una caperuza" e "Despierta, escuela". O álbum foi presentado en directo nas festas de San Isidro en Madrid, onde tamén interpretou o tema inédito "Mi chiquitito".
Usuario anónimo