Diferenzas entre revisións de «Wilhelm Meyer-Lübke»

#Comprobar a antigüidade do fenómeno na zona afectada;
#Analizar rigorosamente as diversas realizacións articulatorias de sons aparentemente idénticos.
 
=== A clasificación do catalán ===
Seguindo ao seu mestre [[Friedrich Diez]], en 1890 asignou á língua catalana o estatus de [[dialecto]] do occitano (denominado daquela ''provenzal'') na súa obra ''Grammatik der romanischen Sprachen'' (''Gramática das Línguas Románicas''), na que afirma: "Ao leste a transición se produce paulatinamente con o catalán no Rosellón: Esta última variedade (''parlen''), que non é máis que un dialecto provenzal...." (p. 14). Porén, abandonou esta opinión en 1925, e emprega de maneira xeral o nome de "língua catalana", mais afirmando as concordancias con o occitano de todo o conxunto idiomático de Cataluña, o País Valenciano e as Baleares. Este cambio foi fundamental para o recoñecemento do catalán como unha língua independentw.
 
No seu estudo monográfico sobre do catalán (''Das Katalanische'') (1925), Meyer-Lübke comparou este idioma con o castelán e o occitano e tirou a conclusión de que o catalán era unha língua do grupo [[Galorromania|galorománico]]. Con esta opinión comezou unha polémica sobre a [[subagrupación románica do catalan]], xusto logo do seu recoñecemento como língua independente, e sobretodo pola coincidencia cronolóxica da obra de Meyer-Lübke con a edición de ''Orígenes del español'' de [[Ramón Menéndez Pidal]] (1926), obra na que este filólogo español desenvolvía a tese da clasificación do catalán como língua [[Iberorrománia|iberorrománica]].
 
==Obras==
Usuario anónimo