Abrir o menú principal

Cambios

+ modelo Lp
 
 
'''Santiago de Taboada''' é unha parroquia que se localiza no concello de [[Silleda]]. Segundo o padrón municipal de [[2004]] tiña 240 habitantes (127 mulleres e 113 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano [[1999]] cando tiña 237 habitantes. Distribuídos en 9 entidades de poboación: Carballeda, Carral, Eirexe, A Estación, A Ponte , Reboredo, Regueira, Taboadavella e Trasdovalo.
 
A súa historia xira ó redor da ponte que comunicaba Deza con Trasdeza ou indo máis alá, Castela con Santiago, no camiño da maragatería. A primeira era de táboas (Pons Tabulata), de aí o seu nome, e a segunda, de pedra, medieval, aínda segue erguida cunha inscrición nunha rocha próxima que firma o ano da construcción ([[912]]). Por Taboada pasa A Vía da Prata (que transcorre polo Camiño Real), adquirindo unha especial dimensión espiritual, que se reflicte no conxunto formado pola igrexa románica (data do século XII e é de planta e ábsida rectangular, destacando a portada) e o singular e fermoso cruceiro de fuste cónico acanalado con altar.
 
A área recreativa dedicada ó peregrino con dous monumentos dedicados ó Apóstolo Santiago e ó Peregrino Anónimo (Deseño de Fco. Alen. Obra da Escola Taller de Silleda).
{{Lp Taboada, Silleda}}
 
{{Silleda}}