Galo Salinas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
XoseBot (conversa | contribucións)
m Category->Categoría
mSen resumo de edición
Liña 1:
'''Galo Salinas''' naceu na Coruña no ano [[1852]]. En [[1864]], con tan só doce anos de idade, emigraría a [[Montevideo]] ([[Uruguai]]), onde atoparía un traballo de comerciante. No seu retorno a [[Galiza]], en [[1876]], Galo Salinas afincouseestableceuse no vila de [[Pontedeume]], onde exercerá o maxisterio, deixando posteriormente a profesión de mestre para traballar de xornalista na súa cidade natal, [[A Coruña]]. Alí dirixiría a ''Revista Gallega. Semanario de Literatura e Intereses Regionales'' e entrará en contacto cos intelectuais da [[Cova Céltica]].
En [[1903]] pasará a dirixir a [[Escola Rexional de Declamación]], fundada por daquela recentemente por un grupo de rapaces liderado por [[Eduardo Sánchez Miño]]. De feito, a primeira obra teatral que estreará esta escola dramática será ''¡Filla...!'' (1892) de Galo Salinas. As súas loitas de poder con [[Manuel Lugrís Freire]] propiciarán que Salinas abandone a dirección da Escola Rexional de Declamación en [[1904]].
Prolífero escritor dramático, a el debémoslle o primeiro estudo teórico sobre teatro galego, ''Memoria Acerca de la Dramática Gallega. Causas de su Poco Desarrollo e Influencia que en el Mismo Puede Ejercer el Regionalismo''(1896), verquido en 1998 á lingua galega por Laura Tato.
Falecería Galo Salinas na Coruña, en 1921.