Diferenzas entre revisións de «Antonio Maura»

→‎Vida: ligazón
(→‎Vida: ligazón)
En [[1886]] ocupa o cargo de vicepresidente do Congreso. Por ese tempo, en consonancia cos liberais escindidos de Gamazo atacará a política librecambista de López Puigcerver, ministro de Facenda do Gabinete Sagasta que acaba por caer en 1890.
 
En decembro de [[1893]] é designado con Sagasta ministro de Ultramar. No seu afán por neutralizar pacificamente o movemento independentista, tentou desenvolver un proxecto de autonomía para [[Cuba]] e [[Porto Rico]] no que a administración se repartía entre o goberno central e os insulares respectivos, mais a oposición dos conservadores e dun amplo sector dos propios liberais fixo que naufragase o proxecto e dimitise. Apartado voluntariamente do escenario político por un certo tempo, en 1895, de novo con Sagasta, ocuparase do Ministerio de Graza e Xustiza ata que a [[Guerra de CubaHispano-Estadounidense|insurrección cubana]] provoca a caída dos liberais.
 
Tras a perda das colonias, a política gravita en torno ó funcionamento político da monarquía e a necesidade de rexenerar a vida pública española. A erradicación do caciquismo e dos abusos da oligarquía figuraron como obxectivos prioritarios do seu proxecto de dignificación da política. As súas teses rexeneracionistas aproximábanse en boa medida ó programa disidente do novo [[conservadorismo]] de [[Francisco Silvela]]. Aceptando os límites presentes nas bases legais do réxime establecido, os seus postulados resultan compatibles coa alternativa de saneamento político proposta polos conservadores.
96.210

edicións