Kirikou et les bêtes sauvages: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Creación, baseada no artigo francés.
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 6 de maio de 2008 ás 12:05

Kirikou et les bêtes sauvages (Kirikou e as bestas salvaxes en galego) é unha película de animación francesa realizado por Michel Ocelot e Bénédicte Galup, que saíu no 2005.

Sinopse

Esta segunda obra presenta de novo o inxenioso personaxe Kirikou, que debe outra vez combatir á bruxa Karabá. A película, narrada polo avó de Kirikou, cóntanos unha serie de aventuras do protagonista, un neno de África que ten que loitar contra unha hiena, escapar dos fetiches da bruxa Karabá, recuperar as ganancias perdidas polo desastre causado por un búfalo, e mesmo convertirse en fetiche para salvar as mulleres do seu pobo.