Diferenzas entre revisións de «Antonio Maura»

→‎Vida: ligazóns
(→‎Vida: ligazón)
(→‎Vida: ligazóns)
 
Cando, tras morrer Guzmán Gamazo en 1901, o grupo liberal disidente se escinde, Maura asumirá
a súa dirección, ata que un acordo con Silvela en 1902 o incorpore ó [[Partido Liberal-Conservador|Partido Conservador]]. É deste xeito como Maura se converte na figura chave da política española das primeiras décadas do século XX.
 
Foi ministro da Gobernación no gabinete que presidiu [[Francisco Silvela]] en 1902 e que presentaría por vez primeira ás Cortes a [[Lei de Bases de Reforma da Administración Local]]. No seu intento por acabar coas fraudes acostumadas organiza as eleccións municipais de 1903 provocando unha forte oposición contra a súa persoa entre os partidarios de manter o [[caciquismo]] local como modo de estabilidade política. Coa salvidade das principais cidades, nas que triunfaron candidaturas republicanas, non conseguiría impedir a manipulación dos resultados electorais desas eleccións.
 
A demisión de Silvela como xefe de Goberno non fixo máis que resaltar a figura política do seu principal socio e Maura será aclamado dende entón como líder do Partido Conservador. O 5 de decembro de 1903 formaría o seu primeiro goberno ó suceder ó tamén conservador [[Raimundo Fernández Villaverde|Fernández Villaverde]] na presidencia. No plano internacional conseguiu que Francia e Inglaterra recoñecesen os dereitos españois en Marrocos. Na política interior concentrou o seu programa de reformas en torno á corrupción electoral e á resolución do [[problema catalán]] mediante un proxecto de administración descentralizador de tendencia rexionalista, pero as intromisións do rei en materia militar motivaron a súa dimisión.
 
Durante a etapa liberal, Maura exerceu a xefatura da oposición. Encargado da formación dun novo goberno o 25 de xaneiro de 1907 presidiu o goberno máis longo do réxime constitucional do reinado de [[Alfonso XIII]] ata o 21 de outubro de 1909. Durante o seu goberno levouse a cabo un amplo programa de reformas lexislativas e executáronse medidas no ámbito social coma o establecemento de institucións de asistencia para os máis desfavorecidos. Non obstante, a súa falta de tacto no mantemento da orde pública coa represión sanguenta dos sucesos revolucionarios da [[Semána Tráxica]] de Barcelona]] (25 de xullo - 2 de agosto de 1909) acabaron bruscamente co seu prestixio e coa súa vida política. O rexeitamento de Maura, coreado pola oposición e pola opinión pública internacional despois do fusilamento de [[Francesc Ferrer i Guàrdia]], levaron a Alfonso XIII a forzar a súa renuncia e substituílo polo liberal [[Segismundo Moret]].
 
Hostil ó goberno de Moret, ratificou a súa identificación con La Cierva, ministro de Gobernación durante a brutal represión de xullo de 1909. Continuou mantendo un certo peso na vida pública. Durante a [[Primeira Guerra Mundial]], Maura fixo campaña activa a favor da neutralidade española, cos seus sonados discursos do [[Teatro Real]] en 1915, e da Praza de Touros en 1917. Cando foi chamado de novo para asumir a xefatura do Goberno, impuxo condicións para o seu regreso. Presidiría o Goberno de maio a novembro de 1918 e, de novo, en 1922, volvería a estar á fronte dun gabinete de concentración formado tras o [[desastre de Annual]].
96.141

edicións