Partido Sindicalista: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot: Estandarizando interwiki
Liña 1:
O '''Partido Sindicalista''' foi un partido político español creado polo que fora varias veces secretario nacional da [[CNT]] [[Ángel Pestaña]] en [[1932]], pertencente ao sector moderado do anarcosindicalismo Pestaña era partidario de construír un movemento obreiro sólido, cun partido que se convertese nunha especie de representante político da CNT, tamén defendía a formación de alianzas obreiras con outros sindicatos e dunha coalición electoral de todas as esquerdas para frear o fascismo.
O Partido Sindicalista tiña a maioría dos seus militantes en [[Cataluña]], [[Madrid]], [[Andalucía]], [[Aragón]] e [[Valencia]]. Nas eleccións de 1936 obtivo dous deputados no seo da [[FrenteFronte Popular (España)|Fronte popular]], ao inicio da guerra civil o partido organizou as súas propias milicias, momento no que contaba uns 30.000 militantes pero logo da renuncia de Pestaña por motivos de saúde a fins de 1936 o partido case deixou de actuar.
 
Malia contar xa con figuras illadas antes comezou a súa andaina, en [[Galiza]] constituíuse a comezos de 1934 a agrupación local da [[Coruña]]. Entre os seus membros estaban [[Silvio Santiago]] e [[Leandro Carré Brandariz]]. Pero a organización máis influínte era a de [[Santiago de Compostela]], dirixida por [[Marcial Villamor]], e que controlaba a maioría da [[CNT]] local.
<br>O Partido Sindicalista integrouse na Fronte Popular, malia non conseguir meter ningún candidato nas listas da coalición en Galiza. O Partido Sindicalista, contrariamente á maioría do [[anarquismo]] galego, indiferente ou contrario ao autonomismo, fixo campaña a prol do [[Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936|Estatuto de Autonomía]].
 
== Ver tamén ==
*[[Partido Sindicalista en Galicia]]
[[Categoría:Partidos políticos de España]]