Lahar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Coada de barro movida a Lahar sobre unha redirección: Termo específico
Liña 1:
{{En progreso}}
O Iahar, ou [[coadas de barro]], é un termo que provén de Indonesia e que esta referido aos efectos que provoca un [[volcán]] sobre a neve. Cando este entra en erupción, a neve do cume derretese rapidamente, a auga resultante deste feito descende pola ladeira do cono volcanico levando consigo una inxente cantidade de cinzas, solos volcanicos e, unha vez conseguida a súa máxima potencia e quen de arrastrar arbores e grandes bloques de pedra. O poder erosivo deste fenomeno e máximo conseguindo alcanzar a velocidade de 50 km/h triturando, arrastrando e enterrando o que se interpoña no seu camiño.
[[Imaxe:MSH82 lahar from march 82 eruption 03-21-82.jpg|thumb|right|200px|Lahar tras unha erupción]]
 
O '''lahar''' corresponde a '''coadas de barro''' orixinadas nas pendentes dos [[Volcán|volcáns]] cando capas inestables de [[cinza]]s e [[escombro]]s satúranse de auga e flúen pendente abaixo seguindo os cursos dos [[río]]s. Os lahares tamén se producen como consecuencia da interacción dos volcáns cos [[glaciar]]es. Estos se xeneran cando a auga da chuvia ou o xeo glaciar ou neve dun cumio fúnde rapidamente pola calor do [[volcán]]. A auga resultante no seu descenso pola aba incorpora grandes cantidades de [[cinza]]s, solos volcánicos e máis tarde grandes bloques e árbores. En [[Islandia]] coñécese como [[jökulhlaup]]s.
O Iahar mais relevante sucedeu en [[Colombia]] no ano 1985 cando o volcán chamado [[Nevado del Ruiz]] iniciou a sua erupción e o Iahar resultante sepultou entre 20.000 e 24000 persoas. Paradoxicamente e como anécdota, o alcalde estaba dando unha entrevista sobre as pocas probabilidades de que acontecera unha catastrofe momentos antes de resultar morto polo Iahar antes mencionado.
 
Un Lahar pode carrexar unha gran cantidade de material volcánico, pero comprobouse que un lahar non necesariamente se atopa cerca dun volcán, pode presentarse onde exista unha gran cantidade de material volcánico mesturado a quilómetros de distancia.
Os lahares poden ser fríos ou quentes. As coadas de barro poden moverse a máis de 50 km/h triturando, soterrando e arrastrando todo ó seu paso.
 
==Características==
As coadas de barro compórtanse coma un fluido viscoso e de moita densidade, os lahares seguen o perrecorrido de menor enerxía potencial, en xeral seguindo os vales dos cursos de auga.
A lama que forma o lahar ten a consistencia do betume fresco, mantendo un elevado grao de fluidez cando está en movemento, pero solidificándose e perdendo auga case instantaneamente cando se detén. Estas características [[reoloxía|reolóxicas]] permiten aos lahares coller unha gran velocidade de desprazamento e gran capacidade de penetración nos espazos baleiros, o que leva o rápido enchemento por material sólido de todas as cavidades que atope no seu percorrido.
 
A elevada densidade do fluido formado permite o transporte de grandes masas rochosas que flutúan no barro e son arrastadas a alta velocidade como se de material lixeiro se tratase. Esa propriedade dos lahares resulta o xurdimento nas paisaxes volcánicas de grandes rochas illadas, deixadas polo enfraquecemento da capacidade de transporte do lahar, normalmente pola dispersión e perda de velocidade e profundidade da lámina de barro debido ao alongamento da zona recoberta. Un exemplo notable deste feito dos lahares é a presenza de xigantescos bloques traquíticos, con cerca de 8-10 m de altura e pesando algúns millóns de toneladas, illados no plano existente na cima do lugar da [[Caparica]], [[Biscoitos]], na illa Terceira do [[Azores|Arquipélago das Azores]]. Aqueles bloques foron deixados alí por un xigantesco lahar que se formou fará cerca de 25.000 anos durante a última grande erupción do [[Pico Alto]].
 
O resultado da grande densidade do fluido e da sua velocidade, é que os lahares teñen un enorme poder erosivo, arrincando por abrasión grandes volúmenes de material xeológico nas zoas atravesadas, transportando e integrandose nun proceso de avalancha que permite o crecemento da masa en movemento, alimentando así o lahar.
 
Os lahares poden avanzar a velocidades moi elevadas, podendo, cando o declive dos terreos sexa elevado e a viscosidade sexa reducida, pasar dos 100 km/h (30 m/s).
 
Os Lahares poden ser xigantescos: un lahar que aconteceu hai uns 5.600 anos en [[Osceola]], ao longo do val do [[río White]], durante unha erupción do [[Monte Rainier]] ([[Estado de Washington]]), producíu unha camada de lodo com 180 m de profundidade e recobriu unha área de 320 km2.
 
==Lahares máis coñecidos==
 
O lahar máis coñecido aconteceu en [[1985]] en [[Colombia]] durante a erupción do [[Nevado do Ruiz]]. Morreron entre 20.000 e 24.000 habitantes do pobo de Armero. 200 fogares foron destruidos. Curiosamente, o alcalde realizaba unha entrevista na radio na cal expresou que había pouco perigo intres antes de que él fora sepultado pola coada de barro.
 
Outras coadas coñecidas aconteceron no [[Monte St. Helens]] ([[1980]]) onde as coadas de barro produciron un represamento do [[Lago Spirit]].
 
O gran lahar que destruiu [[Vila Franca do Campo]] na noite de 21 ao 22 de Outubro de [[1522]], causou millares de mortos, recubriu de lama e pedras cerca de 3,5 km2 de terreo.
 
Nas [[Azores|Illas Azores]] existen moitas centenas de formacións xeolóxicas identificadas que tiveron sido formadas por lahares, algúns recubrindo grandes áreas, como é caso do lahar que a partir da zona do [[Pico Rachado]] descendeu ao longo da [[Ribeira de São Roque]] percorrendo máis de 6 km ata ao seu fin.
 
== Ligazóns externas ==
{{Commons|Lahar}}
 
 
 
[[Categoría:Volcáns]]
 
[[bn:লহর]]
[[bpy:লহর]]
[[cs:Lahar]]
[[da:Lahar]]
[[de:Lahar]]
[[en:Lahar]]
[[eo:Laharo]]
[[es:Lahar]]
[[fr:Lahar]]
[[id:Lahar]]
[[it:Lahar]]
[[ja:ラハール]]
[[new:लहर]]
[[nl:Lahar]]
[[pl:Lahar]]
[[pt:Lahar]]
[[ro:Lahar]]
[[ru:Лахар]]
[[sk:Lahár]]
[[uk:Лахари]]
[[vi:Lahar]]