El Pueblo Gallego: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións) + datos |
Sen resumo de edición |
||
Liña 7:
Nesta primeira etapa ten unha orientación liberal aberta ao galeguismo e ao progresismo. O xornal acolleu ás máis prestixiosas plumas do galeguismo e o republicanismo: [[Ánxel Sevillano]], [[Roberto Blanco Torres]] e [[Evaristo Correa Calderón]] foron redactores xefes. [[Gerardo Álvarez Gallego]], [[Felipe Fernández Armesto]], [[Xoán Xesús González]], [[Luís Amado Carballo]] e [[Ánxel Fole]] tamén foron redactores. [[Carlos Maside]] era o director artístico, acompañado de ilustradores como [[Manuel Torres]] e [[Álvaro Cebreiro]].
Colaboradores destacados foron [[Johán Carballeira]] (que se iniciou como correspondente do xornal en [[Bueu]]), [[Avelino López Otero]] (correspondente na [[Coruña]]), [[Antón Vilar Ponte]], [[Juan Antonio Suárez Picallo]], [[Víctor Casas]], [[Valentín Paz-Andrade]], [[
Nos seus mellores momentos '''El Pueblo Gallego''' acadou tiradas arredor dos 30.000 exemplares, creando un novo modelo de xornalismo crítico que non tivo parangón na Galiza da época.
|