Federación Republicana Gallega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot: Estandarizando interwiki
Xas (conversa | contribucións)
ligazón
Liña 1:
A '''Federación Republicana Gallega''' (FRG) foi unha plataforma política que se argallou na xuntanza, coñecida como o [[Pacto de Lestrove]], celebrada o [[26 de marzo]] de [[1930]] no Pazo de Hermida entre partidos e personalidades republicanas galegas. A FRG que agrupaba á [[ORGA]], [[Partido Republicano Radical|Partido Radical]], [[Partido Republicano Radical- Socialista|Partido Radical Socialista]] e [[Partido Radical Federal]] pretendía establecer unha estratexia conxunta e autónoma dos republicanos galegos e designou a [[Santiago Casares Quiroga]] como o representante galego na xuntanza dos republicanos españois que se celebrou en [[San Sebastián]] o 17 de agosto de 1930, o Pacto de San Sebastián que tiña como finalidade elaborar o programa dun futuro goberno provisorio da república.
 
Nos meses anteriores á proclamación da república, a FRG organizou mobilizacións de masas contra o goberno do xeneral Berenguer e participou nas eleccións do 12 de abril de 1931 en coalición co [[PSOE]], conseguindo vencer na maioría das cidades. Tras a proclamación da república a disparidade de estratexias no seo da FRG leva á marcha dos partidos minoritarios dela, permanecendo tan só a ORGA no seo da FRG. Nas eleccións a Cortes Constituíntes a ORGA presenta os seus candidatos baixo as siglas da FRG que manterá ata abril de 1932.
 
[[Categoría:Forzas políticas de Galicia]]