Erupción volcánica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
Unha erupción volcánica é unha emisión máis ou menos violenta na superficie terrestre ou doutro planeta, de materias procedentes do interior do globo. Exceptuando os [[géiseres]], que emiten [[auga]] quente, e os [[volcáns de lodo]], cuxa materia, en gran parte orgánica, provén de xacementos de [[hidrocarburos]] relativamente cercanos á superficie, as erupcións terrestres débense ós [[volcáns]].
 
==Fases dunha erupción volcánica:==
Liña 18:
Nunha erupción volcánica despréndense os seguintes productos:
*'''Gaseosos''': son os primeiros en alcanzar a superficie, o gas máis abundante é o vapor de auga. Os gases teñen moita importancia no tipo de erupción que se produce así coma na maior ou menor viscosidade.
*'''Líquidos ou lavas''':son materiais magmáticos rocosos fundidos. Polo seu aspecto diferéncianse tres tipos de lavas:
::1·Lavas en bloque: son viscosas e tenden a solidificar rápidamente.
 
::2·Lavas cordadas: son lavas fluidas que solidifican lentamente e recorren grandes distancias.
 
::3·Lavas almofadas: son típicas das erupcións submarinas. Tenden a solidificarse rapidamente ao entrar en contacto coa auga.
 
-Nalgunhas ocasións cando as capas de lava son de gran espesor, o arrefriar provocan fracturas perpendiculares á superficie de arrefriamento, producidas pola contracción térmica, que dan como resultado a [[disyunción columnar]] do basalto en [[prismas]], como a "[[calzada do xigantes]]" en Irlanda.
*'''Sólidos''': son materiais parcialmente solidificados que ascenden arrastrados polos gases que escapan violentamente do [[volcán]] e se acumulan nas súas proximidades. Reciben tamén o nome de [[piroclastos]]. Atendendo ó seu tamaño temos:
::1·Bombas volcánicas: son bloques de lava en forma arredondeada, fusiformes, cun volume dende algúns decímetros cúbicos ata varios metros cúbicos, que é lanzado polos aires desde o cráter e chega consolidado ao [[solo]].
::2·Lapilli: son grosas gotas de lava que se arrefrían ao seren expulsadas mentres ascenden polo [[aire]].
::3·Cinzas e po volcánico: teñen un tamaño microscópico, son como arxilas. Debido ao seu pouco peso poden ser dispersadas a grandes extensións e o seu depósito produce [[rochas]] brandas que por alteración dan solos fértiles.
 
==Tipos de erupcións:==