Principado de Salerno: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Servando2 (conversa | contribucións)
Liña 5:
O ano [[839]] morre o [[príncipe de Benevento]] [[Sicardo de Benevento|Sicardo]]. O xefe do exército [[Radelchis I de Benevento|Radelchis]] (Radelchis) apoderouse do poder e proclamouse no seu lugar. O irmán e herdeiro de Sicardo, [[Siconulfo de Salerno|Siconulfo]], foi encarcerado en[[Tarento]], porén foi rescatado por barcos de Amalfi e levado a Salerno, onde foi proclamado príncipe. Inmediatamente iniciouse unha guerra civil que iría durar dez anos. Coa intervención do [[emperador do Occidente]] [[Luís II o Xermánico]] (847) decidiuse pola división do principado en dous, con sedes en [[Benevento]] e [[Salerno]] respectivamente. En [[849]] o rei de Italia oficializou a división.
 
O recén criadocreado principado de Salerno tiña como principais cidades [[Salerno]], [[Tarento]], [[Cassano]], [[Cosenza]], [[Paestum]], Conza, Sarno, Cimitile ([[Nola]]), [[Capua]], [[Teano]] e [[Sora]]. A súa proximidade ao [[mar Adriático]] e os seus numerosos portos converteron o principado nun poderoso territorio marítimo. Os primeiros anos do principado serían convulsivos até a chegada ao poder de [[Gaiferos de Salerno|Gaiferos]], que nun reinado de 19 anos, estabilizou o país. En pouco tempo o principado de Salerno superou o de [[Benevento]]. Durante este período criousecreouse unha nova división territorial. O [[Principado de Capua|Capua]] tornouse independente criandocreando o seu propio principado. Tecnicamente Salerno era dependente do [[Francia occidental|Imperio Occidental]], porén na práctica era un territorio independente, chegando mesmo a manter acordos cos [[sarracenos]]. Guaifero foi deposto pelo seu fillo [[Guaimaro I de Salerno|Guaimaro I]]. Este rompeu as alianzas cos sarracenos e aproximouse do emperador occidental [[Carlos o Calvo]] primeiro e co emperador [[Imperio Bizantino|bizantino]] [[Basilio I]] despois (887), chegando a recibir deste "devandito" o título de [[patricio]].
 
O seguinte gobernante, [[Guaimaro II de Salerno|Guaimaro II]], levou o principado de Salerno a uns momentos álxidos. Tomou parte na [[batalla de Garigliano]] contra os musulmás o [[915]]. O fillo de Guaimaro, [[Xisulfo I de Salerno|Xisulfo I]], tivo que superar unha tentativa de invasión de [[Xoán III de Nápoles]] e [[Landulfo II de Benevento]]. Posteriormente saíu en defensa de Pandulfo Testa de Ferro, que era príncipe de Capua e Benevento. Ao morrer sen descendentes decidiu entregar o principado a Landulfo. Entre [[978]] e [[983]] Salerno foi gobernado por príncipes de fora das casas de Capua e Amalfi. Neste último ano subiu ao poder [[Xoán I de Salerno|Xoán]], da casa de Spoleto. Co el e os seus sucesores o principado viviu un último período de esplendor. O seu fillo [[Guaimaro III de Salerno|Guaimaro III]] tivo que enfrontar os ataques sarracenos, porén contou coa axuda de mercenarios [[normandos]]. Após o seu reinado floreceu a [[Schola Medica Salernitana]].