Eduardo Vincenti: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
inicio artigo
 
Xas (conversa | contribucións)
→‎Biografía: ligazóns
Liña 2:
 
==Biografía==
Nacido na Coruña en 1857, logo de realizar os estudos de dereito na [[Universidade de Santiago]], desenvolveu unha notable carreira política: militando no [[Partido Liberal Fusionista|Partido Liberal]], foi deputado por [[Pontevedra]] desde 1886 ata o seu falecemento (renovou a súa acta de deputado en quince ocasións), director xeral de Administración e Fomento do Ministerio do Interior, Director Xeral de Ensino Primario, concelleiro e alcalde de Madrid (1905-06), presidente do Consello de Instrución Pública, e vicepresidente primeiro do Consello de Ministros.
 
Estivo casado con Dolores Montero Villegas, filla de [[Eugenio Montero Ríos]], de quen foi aliado político.
 
Como deputado por Pontevedra ocupouse a miúdo, tanto de asuntos relacionados co ensino público e co profesorado, como do desenvolvemento da agricultura e das cuestións sociais, chamando a atención sobre a necesidade de transformar a propiedade da terra rexida polo sistema foral en propiedade libre. Presentou e defendeu en 1907 unha proposición de lei sobre foros[[foro]]s e subforos.
 
Tamén tivo unha grande preocupación polo desenvolvemento da educación, como puxo de manifesto nas súas intervencións parlamentarias que reuniu nun texto editado en 1916, nas intervencións realizadas desde a presidencia de diversas Asembleas nacionais e rexionais e congresos de interese pedagóxico. Foi Presidente da “Liga de los Amigos de la Enseñanza” e dirixiu o Boletín de la Liga Protectora de la Educación Nacional a comezos do século XX, con marcados acenos rexeneracionistas; era un dos vocais da “Junta[[Junta de Ampliaciación de Estudios”Estudios]].
 
A súa defensa constante da necesidade de melloras corporativas e profesionais para o Maxisterio deulle credibilidade entre este sector profesional, que o honrou dedicándolle un busto e un singular pedestal nos xardíns da Alameda de Pontevedra.