Diferenzas entre revisións de «Xosé Velo»

m
sen resumo de edición
m (bot Engadido: ca:Xosé Velo Mosquera)
mSem resumo de edição
'''Xosé Velo Mosquera''' ([[Celanova]], [[1916]] - [[São Paulo]], [[1972]]) foi un político galego, partidario da indepedencia de [[Galicia]], tamén coñecido polo sobrenome de Carlos Xunqueira de Ambía<br>.
 
Naceu o [[21 de abril]] de [[1916]] fillo de Lino Velo Castiñeiras, que fora alcalde conservador da vila, e Manuela Mosquera. En 1926 quedou orfo de pai, nos seus tempos de estudante no colexio dos Escolapios fixo amizade con [[Celso Emilio Ferreiro]], con quen a finais de 1932 organizou as Mocidades Galeguistas en Celanova e formou parte do primeiro Consello Nacional da [[Federación de Mocedades Galeguistas]] e foi elixido secretario xeral da FMG en abril de 1935 e o [[24 de abril]] casa con Jovita Pérez González.<br>
 
Tras a sublevación de 1936, a [[Garda Civil]] detívoo o [[21 de xullo]], aínda que saiu ao pouco tempo e o [[14 de marzo]] de [[1937]] tivo que se incorporar ao exército sublevado na División Acoirazada Brunete ata 1938 no que volta a Celanova e ao pouco tempo marchou á [[Guinea Ecuatorial|Guinea Española]], voltou ao remate da [[Guerra civil española]] e en novembro de 1939 abriu unha academia de ensino na súa vila. En 1943 trasladouse a Vigo, onde abriu outra academia, e por manter contactos con organizacións da oposición galeguista no exilio a policía detívoo en 1944. Beneficiado por unha amnistía sae en 1945 e permaneceu durante un ano agochado preto de Celanova.
 
==Exilio==
 
En 1948 fuxiu a [[Portugal]], onde o detivo a [[PIDE]], a policía política portuguesa, e tras a súa posta en liberdade conseguiu saír cara [[Venezuela]], onde chegou o [[9 de outubro]] de [[1948]], ao ano seguinte uniuselleuníuselle a súa familia, que mantivo traballando como profesor en academias e colexios privados e mesmo en 1959 foi profesor na Escola de Suboficiais do Exército venezolano. Xosé Velo foi presidente do Lar Gallego (1956) e participou no [[Primeiro Congreso da Emigración Galega]] que se celebrou entre o [[24 de xullo|24]] e o [[31 de xullo]] de 1956 en [[Bos Aires]].<br>
 
Entrou en contacto coa grupo da oposición española que dirixía [[Alberto Bayo]] dende [[Cuba]], e participou na súa emisora de radio, ''Radio Claridad''. Pero descontento coa actuación deste grupo organizou con membros da oposición portuguesa ao réxime salazarista exiliados en Sudamérica, como [[Humberto Delgado]] e [[Henrique Galvão]] e con outros galegos como José Fernández Fernández (Jorge de Sotomayor) o [[Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación]] en 1959. Velo vai ser o cosecretario xeral xunto a Humberto Delgado dende xaneiro de 1960 e vai participar con outros membros galegos e portugueses desta organización na toma do navío portugués ''Santa María'' entre o [[22 de xaneiro]] e o [[4 de febreiro]] de [[1961]], que pretendía chamar a atención internacional sobre os réximes ditatorias da [[Península Ibérica]], logo dun acordo co goberno brasileiro, este recoñeceu a Velo e ao resto dos secuestradores como refuxiados políticos. Aséntase co seu fillo Víctor, que tamén participara na toma do navío na cidade de [[São Paulo]].<br>
 
En 1962 estableceu en São Paulo a librería Nós e en 1966 a Editora Nós, que tan só publicou unha tradución de [[Rosalía de Castro]]. En 1971 fundou a revista mensual ''Paraíso 7 días'', que só publicou 5 números e o 31 de xaneiro morría de cancro de pulmón.
 
[[Categoría:Personalidades da política|VVelo, Xosé]]
 
[[ca:Xosé Velo Mosquera]]
23.061

edicións