Talla lítica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
mSen resumo de edición
Liña 10:
As técnicas esenciais da talla lítica baséanse en que a fractura concoidea é previsible e controlable en función do movemento que se efectúe co percusor. Hai dous modos fundamentais de tallar a pedra, a presión e a percusión, que á súa vez se poden subdividir en:
*Percusión inversa: golpéase o anaco de rocha contra un percusor pasivo, a xeito de [[engra]], que é outra pedra solidamente chantada no chan.
*Percusión directa con percusor duro: Golpéase a pedra cun anaco de rocha para extraer varias lascas.
*Percusión directa con percusor brando: Golpéase a peza cun anaco de madeira ou corna para extraer varias lascas.
*Percusión indirecta con peza intermedia: Gopéase cun anaco de corna de cérvido un punteiro que transmite a forza do golpe á peza que se está a labrar.
*Talla por presión: Consiste en aplicar unha forte tensión sobre a peza que se vai tallar cunha peza coñecida como compresor que substitúe ao percusor.
*Flexión: Abómbase un produto de lascado, especialmente unha folla, apoiándoo contra un saínte que fai de panca ata fracturalo polo lado desexado.