Mondoñedo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 52:
O concello de Mondoñedo atópase na metade norte da provincia de Lugo; fai fronteira polo norte cos concellos de [[Alfoz]] e [[Foz]], polo sur, coa [[A Pastoriza|Pastoriza]] e [[Riotorto]], polo leste, con [[Lourenzá]] e polo oeste, con [[Abadín]]. A poboación de Mondoñedo distribúese ao longo das 15 parroquias que forman o concello.
 
O casco vello da cidade, declarado Conxunto Histórico-Artístico en [[1985]] ten como centro a praza da [[catedral de Mondoñedo|catedral]], monumento nacional construído no [[século XIII]] e cara onde conflúen todas as rúas da vila. En Mondoñedo destacan outros edificios coma o Santuario dos Remedios, construído a mediados do [[século XVIII]], o Hospital de San Paulo, construído na mesma época, o Convento da Concepción, o Mosteiro dos Picos e o Seminario Conciliar. A paisaxe arquitectónica da vila caracterízase polos tellados de [[lousa]] das casas que rematan nuns picos de pedra típicos chamados "[[amea]]s" para protexerse contra o vento. A vila de Mondoñedo é un dos puntos polos que pasa o [[Camiño de Santiago]], sendo lugar de descanso para os peregríns. Aparece vencellada historicamente coa [[diocese de Britonia]]-moi posibelmente abranguendo terras entre a serra do Xistral e a foz do rio Navia- e coa chegada de poboacion [[bretona]][http://www.britonia.fsnet.co.uk/] procedente da Illa do mesmo nome no [[seculo V]]. Entre estes sobrancea a figura do bispo [[Mailoc]]http://[[[[www.pangalaica.com/britonia/inicio.htm]]].]
 
O val no que se atopa o concello conserva numerosos restos arqueolóxicos como [[dolmen]]s, [[castro]]s, coma o de [[Castro de Zoñán|Zoñán]] e [[petroglifo]]s, os cales amosan que xa existían asentamentos na vila dende o [[neolítico]].