Christos Yannaras: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
Nado en 1935 en [[Atenas]]. Teólogo da [[Igrexa ortodoxa]] grega. Estudou [[filosofía]] e [[teoloxía]] en Atenas, [[Bonn]] e [[París]]. Doutor na Facultade de Letras da [[Sorbona]] e da Facultade de Teoloxía de [[Tesalónica]]. É membro da academia internacional de Ciencias Relixiosas. É tamén profesor emérito de filosofía no Instituto de Ciencias Políticas de Atenas.
 
==Pensamento==
A fe non é unha certidume intelectual ou producto dun coñecemento obxectivo, é un acontecemento e unha experiencia de relación.
Critica á teoloxía da [[Igrexa Católica]] por desterrar a Deus a un ámbito inaccesible á experiencia e por establecer unha separación entre relixión e vida. A teoloxía non debe ser un desenvolvemento teórico de axiomas e ideas, senón expresión e formulación dunha experiencia de vida que necesita unha linguaxe diferente á dos conceptos e informacións obxectivas.
 
A relación do home con Deus non é a dun suxeito e un obxecto senón unha relación persoal erótica, só se albisca un coñecemento de Deus deixándose penetrar polas enerxías divinas, mediante unha experiencia de unión coa divinidade. Se se concibe a Deus como na [[escolástica]] como a causa do universo, o mundo aparece como afastado de Deus o que acaba conduciendo á secularización, a un finalismo orientado á utilidade, ao asoballamento da natureza e da historia pola técnica, a un mundo, en definitiva esgotado e consumido.
 
Fronte a isto cómpre recuperar a [[cosmoloxía]] dos [[Pais da Igrexa]] gregos que preserve de verdade a vida e estea ao servizo dela.
 
==Obras==