Ávaros: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Servando2 (conversa | contribucións)
Liña 9:
A comezos do [[século VII]] os ávaros aliáronse cos [[Imperio Sasánida|persas]] contra o [[Imperio Bizantino]] e en [[626]] puxeron sitio a [[Constantinopla]], aínda que a denodada resistencia dos seus habitantes obrigounos a se retiraren sen conseguir o seu obxectivo e regresar a [[Panonia]].
 
A dinastía [[Onogur]] foi fundada en torno ao ano [[630]] por [[Kubrat]] , un home de orixe ávaro-búlgara, pertencente ao clan búlgaro Dulio. Uniu aos ávaros, os búlgaros, e probabelmente tamén aos heftalitas Uar nun poderoso Khaganato que dominou tamén extensas áreas da actual [[Ucraína]]. Trala morte de Kubrat, os caudillos búlgaros romperon a súa alianza cos ávaros. O estado ávaro subsistiu en Panonia durante os séculos VII e [[Século VIII|VIII]]; crese que dominaron aos eslavos que habitaban na zona desde unhas poucas décadas antes da chegada dos ávaros.
 
A comezos do [[século IX]], as discordias internas e as presións exteriores comezaron a minar o estado ávaro, que foi completamente destruído na década de [[810]] polos francos de [[Carlomagno]] e os [[Bulgaria|búlgaros]], mandados por [[Krum]]. Sábese que aínda se atopaban en Panonia no ano [[871]], pero desde entón o seu nome non volve ser mencionado polos cronistas. Parecen que se mesturaron cos eslavos, que formaran novos estados na rexión: o [[principado de Nitra]], no norte (máis tarde: [[Gran Moravia]]), e o [[Principado de Balaton]], no centro de Panonia.