Talla lítica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
comezo tradución da wikipedia en español
 
mSen resumo de edición
Liña 1:
{{enuso}}
A '''talla lítica''' é a labra intencionada da [[pedra]] por medio da percusión, ben sexa directa ou indirecta, ou da presión. Escúlpese a materia prima e dáselle forma, aproveitando a fractura concoidea, co obxecto de fabricar útiles nucleares, ou para extraer [[lasca]]s que se poden usar en bruto, ou servir de soporte para [[ferramenta]]s, retocándoas logo da súa extracción. A talla lítica é o proceso de fabricación de manufacturas máis coñecido da [[Idade de Pedra]] e que seguiu sendo moi importante durante a [[Idade dos Metais]], e mesmo seguiu practicándose en tempos históricos. Os obxectos de pedra tallada intencionalmenteadrede polos humanos diferéncianse das rompeduras naturais ou accidentais, grazas a que aparecen localizadas en contextos [[arqueoloxía|arqueolóxicos]] ben definidos, e a que os golpes da talla deixan negativos de lascado que seguen certa tendencia, certa orde imposible de atribuír á natureza. O repertorio de xestos de talla organizada vaise coñecendo cada vez mellor e permite establecer diagnósticos cada vez máis seguros, así como un repertorio de pautas morfolóxicas, técnicas e funcionais que son as que permiten establecer a [[tipoloxía lítica]], é dicir, a clasificación, análise e comparación dos artefactos de pedra tallada. A talla lítica non é, en calquera caso, máis que unha das fases da vida dun artefacto lítico ou, por expresalo en términos científicos máis precisos, só é unha porción relativamente curta da cadea operativa. Esta nace coa necesidade ou a idea que estimula ao ser humano a iniciar a súa actividade produtiva, segue coa procura da materia prima pétrea, a súa transformación mediante a talla, ata conseguir os útiles necesarios. Despois está a súa utilización, incluíndo varias fases de mantemento da funcionalidade mediante aguzados sucesivos e, cando a ferramenta é xa inservible, o seu abandono ou a súa reciclaxe noutra peza.