Cornes, Conxo, Santiago de Compostela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 4:
A orixe do nome ''Cornes'' podería ser unha voz prerromana que aludiría a un rochedo ao que se abeira. Nada queda xa do trazado antigo do lugar de Cornes, nunha área completamente reurbanizada dende mediados do [[século XX]]. Pero en Cornes atopábase a antiga casa do concello de Conxo (actual avenida de Vilagarcía, 28), e en Cornes naceu [[Rosalía de Castro]], nunha casa do daquela chamado Camiño Novo (na actualidade Praza de Vigo).
 
De Cornes saíu a primeira liña de [[ferrocarril|camiño de ferro]] de Galiza, que remataba enno [[O Carril, Vilagarcía de Arousa|Carril]]. Ao redor da estación levantáronse almacéns de [[aceite]], [[viño]], [[carbón]], froita, sal, madeira, cemento, etc. Nos Campos de San Xosé, actualmente rúa de Frei Rosendo Salvado e avenida de Vilagarcía, establecéronse artesáns e obreiros principalmente [[mármore|marmoristas]], carpinteiros e tallistas. Había tamén unha [[canteira]] de pedra, unha imprenta e un taller de coches.
 
==Cultura==