Antonio Vivaldi: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 17:
[[Image:Vivaldi_caricature.png|200px|thumb|left|Caricatura de Vivaldi ''Il prete rosso'' de Pier Leone Ghezzi (1723)]]
 
A segunda etapa foi a do seu contrato na [[Ospedale della Pietà]], un orfanato para nenas da súa cidade. Para elas foron creadas moitas das súas composicións; nalgunhas transcricións modernas das súas obras poden lerse aínda os nomes das mozas para quen ía adicada cada aria. O 1 de setembro de [[1703]], recentemente ordenado sacerdote e con 25 anos, Vivaldi foi nomeado mestre de violino da orquestra da Pietà e encargado logo do ensino de viola all´ inglese. A súa función era a docencia e adquisición de certos instrumentos para as súas alumnas e a dirección da orquestra daquela institución que albergaba un famoso coro que reunía ao conxunto de internas intérpretes. O nomeamento dun músico tan novo para aquel posto envexado da testemuño dos importantes apoios dos que gozaba, e da fama de compositor, fundada sen dúbida na difusión manuscrita das súas obras antes de ser publicadas, pero, por encima de todo, na súa formidable celebridade como prodixio do violín, que durante moito tempo suplantaría o seu renome como compositor en [[Venecia]] e [[Italia]]. Vivaldi realizou na Pietà ao longo da súa vida unha carreira tumultuosa, consecuencia da súa personalidade histriónica e enfermizamente independente. Pero as súas caóticas relacións con aquela institución, sementadas de rupturas e reconciliacións, non lle impediron facer daquel posto prestixioso o seu laboratorio e o seu santuario, ao mesmo tempo.
 
A terceira etapa foi a do seu oficio como compositor e empresario de [[ópera]], obtendo grandes éxitos, foi cando coñeceu a [[Anna Giraud]], unha moza cantante, que a partir de entón estaría sempre con el. Foi entón cando compuxo en Vicenza, en maio de [[1713]], [[Ottone in vila]], a súa primeira ópera coñecida, seguida dunha auténtica conquista da Venecia teatral que se baseou no control dos pequenos teatros de Sant´ Angelo e San Moise. As partituras das óperas datadas neste primeiro período veneciano móstrannos unhas obras suntuosas, exuberantes, testemuño dun temperamento dramático excepcional. Aquelas composicións innovadoras e inquietantes, que impuñan o stile nuovo atacando frontalmente ao stile àntico eloxiado polos conservadores, valéronlle a hostilidade dunha gran parte da aristocracia veneciana, cuxos teatros pecháronlle hermeticamente as súas portas. Por aquelas datas, Vivaldi confirmouse igualmente como un formidable descubridor da voz: el é, en efecto, quen deu a coñecer a cantantes famosos como [[Fabri]], [[Merighi]] ou [[Strada]], moito antes de que [[Händel]] contratáseos en Londres. Nesa mesma época, o compositor veneciano impúxose tamén e sobre todo como "impresario" no sentido etimolóxico da palabra, é dicir, como empresario de espectáculos que produce tanto óperas propias como doutros compositores, revisándoas ou uníndoas ás súas propias producións.
 
Os cadernos de viaxe dun rico arquitecto de [[Francfort]], [[Johann Friedrich Armand von Uffenbach]], que asistiu á tempada de entroido en Sant´ Angelo en [[1715]], ofrécennos un vívido testemuño deste período de frenética actividade. Aquel afeccionado ilustrado critica nas súas notas os decorados e o vestiario, e admira aos cantantes dicindo que "foron incomparables e non desmerecieron en nada dos do gran teatro", é dicir, o de S. Giovanni Grisostomo. Pero sobre todo móstrase estupefacto por Vivaldi, que lle fascina coas súas prodixiosas intervencións ao violín. Uffenbach escribe o seguinte no seu caderno: "Cara ao final, Vivaldi interpretou un magnífico só seguido dunha cadencia improvisada que me deixou verdadeiramente estupefacto, pois non é posible que alguén toque ou chegue nunca a tocar así. Colocaba os dedos a un pelo da ponte, ata o punto de non deixar sitio para o arco, e facíao ademais sobre as catro cordas, realizando imitacións e tocando cunha rapidez incribles". A carreira lírica de Vivaldi remontou así o seu voo guiada por dúas consignas: reformar e sorprender, nunha coincidencia rechamante e premonitoria de arte e estratexia comercial.
 
A cuarta etapa dese despegamento foi a do desenvolvemento dunha actividade estructurada como compositor particular, que multiplicaba os seus compromisos puntuais e lucrativos cunha rede de clientes e mecenas. Esta actividade tivo como obxecto tanto a música instrumental, coa venda de concertos escritos ou adaptados especificamente en función dos encargos; a música vocal profana, coa venda de arias de óperas, cantatas ou serenatas; e a música relixiosa, mediante a composición de motetes, himnos, salmos e concertos sacros para diferentes institucións. Así é como Vivaldi escribiu o seu [[Stabat Mater]] en [[1712]] para unha igrexa de [[Brescia]]. E así compuxo tamén o seu primeiro oratorio, A vittoria navale, interpretado en Vicenza en xuño de [[1713]].