Guillaume Apollinaire: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
m Eliminouse a referencia ó ficheiro '''ApollinaireArmy.jpg''' que foi borrado en Commons por Giggy. Motivo: See w:commons:User talk:Clockwork Orange#Blocked; highly like to be a copyvio of some so
Liña 1:
 
[[Imaxe:ApollinaireArmy.jpg|thumb|Guillaume Apollinaire]]
'''Guillaume Apollinaire''' (nado como '''Wilhelm Albert Vladimir Apollinaris de Kostrowitzky''' en [[Roma]] o [[26 de agosto]] de [[1880]] - [[París]] [[9 de novembro]] de [[1918]]). escritor e crítico de arte [[Francia|francés]].<br>
Fillo dunha condesa [[Polonia|polaca]], dende [[1902]] foi un dos membros máis populares do barrio artístico parisino de Montparnasse, tivo por amigos e colaboradores a [[Pablo Picasso]], [[Max Jacob]], [[André Salmon]],[[ Marie Laurencin]], [[André Derain]], [[Blaise Cendrars]], [[Pierre Reverdy]], [[Jean Cocteau]], [[Erik Satie]], [[Ossip Zadkine]] e [[Marcel Duchamp]]. En [[1909]] publicou o seu primeiro libro ''O encantador en putrefacción'', baseado na lenda de Merlín e Viviana. Os seus poemarios, ''O bestiario ou o cortexo de Orfeo'' (1911) e ''Alcoois'' (1913) reflicten a influencia do [[simbolismo]], con importantes innovacións formais; nese mesmo ano apareceu o ensaio crítico ''Os pintores cubistas'', defensa do novo movemento como superación do [[realismo]]. Alistouse como voluntario en [[1914]], ferido de gravidade na cabeza, morreu dous anos despois, vítima da [[gripe]].