Alfabeto armenio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Desfíxose a edición de 190.50.182.69 (disc.), cambiado á última versión feita por Prevert
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Alfabeto}}
 
O alfabeto armenio foi creado segundo a lenda no ano [[405]] por San [[Mesrop Mašťoc]]. Permitiu así que o [[armenio]] se convertise nunha lingua escrita, o [[grabar]]. A [[Biblia]] foi o primeiro txtotexto que se traduciu en grabar polo propio Mesrop Mašťoc. A forma máis antiga de escritura armenia, que foi utilizada ata o século XI, é coñecida baixo o nome de ''erkaťagir'' (isto é, ''letras de ferro''). É a escritura coa que os [[Armenia|armenios]] escriben a súa lingua, o [[armenio]].
 
O alfabeto armenio conta con non menos de trinta e nove [[carácter|caracteres]] e, a diferencia das [[linguas semíticas]] utilizadas nos países veciños do leste e do sur do [[Cáucaso]], posúe unha notación íntegra das [[vogal|vogais]]. Como estas letras so teñen unha posibilidade de lectura, o alfabeto armenio constitúe un instrumento de gran precisión [[fonética]]. Toma do [[Lingua grega|grego]] vintedous sons aos que atribúe os seus propios signos e engade catorce signos destinados a notar sons extraños ao grego.