Lasca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
mSen resumo de edición
Liña 32:
 
== Clases ==
As lascas pódense clasificar segundo a súa [[morfoloxía]], [[François Bordes]] diferenza as lascas das follas a través da proporción entre o longo e o largo, así se a lonxitude da peza, medida seguno o seu eixo técnico, é o dobre ou máis ao seu largo é unha folla, caso contrario é unha lasca. [[Leroi Gourhan]], quizais por mor da súa maior inclinación pola cultura [[magdaleniense]], é máis esixente, propondo os seguintes «módulos de talla» para as lascas:
*Lascas moi largas: aquelas nas que o largo supera á lonxitude
*Lascas comúns: a que teñen a lonxitude lixeiramente superior ao seu largo, aproximadamente un terzo
*Lascas laminares: as que teñen a lonxitude o dobre que a largo
*Follas: as que teñen unha lonxitude como mínimo o triplo do seu largo
 
Desde o punto de vista da tecnoloxía lítica sepáranse as lascas denominadas vulgares (aquelas nas que se descoñece a súa posición na cadea operativa pero que poden ser utensilios funcionais), as lascas características (as que si teñen un lugar coñecido dentro da cadea operativa) e os refugallos e accidentes de talla, algúns son tamén refugallos característicos, polo que son coidadosamente clasificados. Ademais, estarían os materiais residuais da talla sen máis, comunmente, lascas excesivamente pequenas, estelas ou anacos sen forma concreta (ás veces coñecidos coa palabra francesa ''débris''). Con todo hai que ter en conta que calquera lasca ordinaria é un útil potencial.