Acción Republicana: Diferenzas entre revisións

partido político español
Contido eliminado Contido engadido
Meu rei (conversa | contribucións)
Nova páxina: '''Acción Republicana''' foi unha agrupación política progresista e republicana fundada por Manuel Azaña en 1925 que se constituíu en partido político en 1930. Entre os a...
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 26 de abril de 2008 ás 19:49

Acción Republicana foi unha agrupación política progresista e republicana fundada por Manuel Azaña en 1925 que se constituíu en partido político en 1930. Entre os acenos de identidade do partido, destacaban o autonomismo, o compromiso coa reforma agraria e a reforma do Exército.

En 1930, sufriu a escisión do sector máis esquerdista do partido, liderado por Marcelino Domingo, que acabou no Partido Republicano Radical Socialista (PRS).

Como grupo integrado na Alianza Republicana, participou no Pacto de San Sebastián para derrocar a Monarquía de Afonso XIII, e implicouse na construción e consolidación da II República. Formou parte do Goberno Provisional que se fixo cargo do país tras a saída de España do Rei.

Obtivo 30 deputados nas eleccións xerais de 1931, e enseguida converteuse, a pesar da súa relativamente escasa forza parlamentaria, nunha formación central dos Gobernos da República ata 1933, liderados polo seu presidente, Manuel Azaña.

Tras a derrota dos republicanos de esquerda nas eleccións dese ano, nas que Acción Republicana só obtivo 10 escanos, o partido fusionouse con outros grupos republicanos (como a Organización Republicana Gallega Autónoma (ORGA) e o Partido Republicano Radical-Socialista en 1934) para formar Izquierda Republicana, baixo o liderado de Azaña.