Técnica Levallois: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
mSen resumo de edición
Liña 15:
O núcleo Levallois para unha lasca preferencial é o prototipo clásico. O procedemento que se segue comeza, neste caso, pola elección dun canto-soporte: un canto arredondeado lixeiramente alargado e patelo no que que se prepara, con [[percusor (talla lítica)|percusor duro]], tállase perifericamente un plano de percusión que servirá para ''mondar'' a cara principal do núcleo por medio de levantamentos centrípetos. Si é preciso, prepárase, ademais, unha ''plataforma de percusión'' situada, xeralmente nun dos extremos estreitos do soporte, para poder dar o golpe no mesmo sentido que o seu eixe de alargamento. Desde este plano de percusión, extráese cun único golpe, que, forzosamente, ha ser certeiro e dirixido cara ao centro do núcleo, unha gran [[lasca Levallois]] cunha forma que xa fora preconcibida antes grazas á forma máis ou menos convexa e regular da cara principal do núcleo. Esta lasca será, normalmente, máis longa que larga, e con varios negativos centrípetos na súa cara superior (polo menos catro) que son as cicatrices propias da preparación do núcleo. Algúns núcleos Levallois teñen a particularidade de que, ás veces, reciben o golpe no lateral, e non no extremo, polo que as lascas son tan latgas como longas, ou mesmo máis. Unha vez explotados e abandonados, estes núcleos teñen unha forma moi característica na que destaca a preparación bifacial periférica de sección planoconvexa e un gran negativo de lascado que ocupa practicamente toda a cara principal do núcleo. En Europa e, máis concretamente, en [[España]], os núcleos Levallois aparecen no Achelense, pero a maioría das veces, teñen o golpe no lateral, e non lonxitudinal; do mesmo xeito, as lascas Levallois do Paleolítico Inferior son máis largas que longas. En cambio, o Levallois do Paleolítico Medio é o típico coa extracción alargada e mellor controlada. Identifícanse varias fases iniciais ''«pre-Levallois»'' en [[Stellenbosch]] ([[Sudáfrica]]), outra fase ''«proto-Levallois»'' denominada máis especificamente dependendo das súas características e rexións, como Vitoria-Oeste en [[Uganda]] e tipo Kerzaz en [[Alxeria]], ata chegar ao Levallois propiamente dito que liga xa coas evidencias coñecidas en [[Europa]], durante o Achelense pleno.
==== Un método alternativo: a extracción reiterativa centrípeta ====
A finais dos [[anos 1980|anos80anos 80]], o investigador [[Francia|francés]] [[Éric Boëda]] estudou detidamente unha serie de pezas musterienses procedentes do xacemento de ''Biache-Saint-Vaast'' ([[Paso Pas-de -Calais]]) descubrindo que, durante o Paleolítico Inferior e Medio existía unha variante Levallois que pasara desapercibida ou que fora identificada cunha técnica de lascado habitual neses períodos prehistóricos, a ''extracción centrípeta discoide'' (que non conleva lascas predeterminadas). Pouco despois realizou unha profunda revisión do método Levallois a través do estudo destes e outros [[tipo lítico|obxectos arqueolóxicos]] e de [[talla lítica experimental|experiencias de talla]]. Boëda dedica gran parte dos seus traballos a establecer as diferenzas entre núcleos Levallois reiterativos centrípetos e os núcleos discoides de extracción centrípeta. Así mesmo propúxose establecer a relación entre o método Levallois clásico, para unha lasca preferencial, e este procedemento repetitivo. Tanto o núcleo Levallois reiterativo, como o Discoide comparten unha estratexia de explotación centrípeta moi rendible; pero, mentres que o Levallois ten unha superficie principal de explotación escasamente combada, case plana, o núcleo discoide tenas moi combadas, practicamente (bi) piramidales ou, cando menos, claramente (bi)convexas. Isto débese a que a concepción volumétrica da técnica Levallois é peculiar: os núcleos Levallois centrípetos reiterativos teñen un plano de percusión circundante, preparado para obter unha boa morea de lascas predeterminadas, golpeando perifericamente; ademais, a cara de explotación é bastante plana, cunha preparación moi similar á dun núcleo Levallois clásico, o cal permite aproveitar ao máximo a súa superficie e obter lascas relativamente grandes e invasoras, reiteradamente. É dicir, mentres que nun núcleo non Levallois centrípeto bifacial ambas as caras son equivalentes, pois ambas as dúas se traballan para extraer lascas (de aí, a súa morfoloxía biconvexa, visto de perfil); un núcleo Levallois reiterativo, en cambio, é planoconvexo porque cada cara ten unha función diferente:unha actúa de plataforma de percusión periférica e, a outra, de zona de explotación centrípeta.
[[Imaxe:Nucléus Levallois La-Parrilla.png|thumb|center|Núcleo Levallois con percusión lateral para unha lasca corta]]
Por outra banda, tanto os núcleos Levallois para obter unha soa lasca preferencial, como os núcleos Levallois reiterativos centrípetos teñen unha fase de preparación moi similar, por non dicir idéntica. Pero nos primeiros a preparación só conduce a unha lasca de morfoloxía equilibrada, perfectamente predeterminada na cal se aproveita toda a superficie de explotación (gástase moita enerxía para unha soa extracción, pero o control é moi alto, se non hai erros ou accidentes). En cambio, nos segundos, a rendibilidade enerxética é maior, ao obterse unha serie considerable de lascas predeterminadas, de tamaño e forma estandarizados (aínda que con menos control sobre cada peza). As lascas tamén son invasoras, aínda que non tanto e teñen a particularidade engadida de que, o seu negativo serve para preparar a extracción da lasca seguinte, por iso o método reiterativo proporciona pezas cunha cara superior con varios negativos de lascado, un dos cales pode ser máis grande que os demais, ao ser o resultado dalgunha outra lasca obtida con anterioridade. Por oposición, as lascas obtidas polo método clásico (''preferencial''), teñen unha serie de negativos centrípetos, todos de tamaño moi similar, na súa cara superior.