Lasca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
continúo coa tradución
sigo coa tradución
Liña 16:
* Microlascados trapezoidais: cando a onda de fractura alcanza o límite da rocha, adoitan saltar estelas microscópicas sucesivas (microlascas), que deixan a súa marca no núcleo (en forma de trapecios encadeados), no nervio do negativo do lascado. Nunha peza tallada (non soamente un núcleo), con varios negativos, os microlascados, xunto coas lancetas, indican cal dos lascados é anterior e cal é posterior. Isto é esencial para reconstruír os xestos do artesán que labrou a peza.
* A estela parasita: xustamente no concoide, non sempre, pero a miúdo, aparece unha pequena lasquiña adherida ou, se esta saltou, o seu negativo. Non existe unha explicación clara para este fenómeno, pero, ao parecer, podería ser o resultado do reflexo da onda de choque que forma unha onda de fractura secundaria.
 
== Estrutura ==
 
Considérase que unha lasca completa ten tres caras:
 
* A cara inferior ou ventral, que é a superficie de esgazamento da lasca ao desprenderse do núcleo e que conserva o punto de impacto, o concoide e os demais elementos relacionados. Esta cara pode orientar aos expertos na talla da pedra sobre o método co que se extraeu a lasca e o tipo de percusor ou ferramenta que se empregou para este labor.
* A cara superior ou dorsal, que é a porción de face de lascado do núcleo que se extrae coa lasca. Nesta parte quedan restos da superficie visible do soporte orixinal, é dicir restos da cortiza natural da materia prima (representada por medio dun fino e disperso punteado nos debuxos) ou, negativos de lascas extraídas previamente. Estes sinais, negativos de lascado incompletos, informan de certas características do núcleo, e sepáranse entre si polos chamados nervios.
*O talón é o anaco de núcleo que entrou en contacto co percusor, desprendéndose xunto coa lasca. O talón, entre outras cousas, achega información sobre se houbo ou non preparación previa da zona do núcleo que ía recibir o impacto, por iso, distínguense diferentes tipos:
**Talón cortical: formado pola cortiza natural da rocha que compón o núcleo.
**Talón liso: formado por un negativo de lascado (incompleto, pois a na súa maior parte quedará no núcleo).
**Talón diedro: formado por dous negativos de lascado previos.
**Talón facetado: formado por tres ou máis negativos de lascado. Un talón facetado indica que o núcleo recibiu unha preparación especial, por medio de numerosos golpes previos, que dan forma á plataforma de percusión no núcleo. É dicir, un talón facetado indica maior sofisticación que o resto de tipos de talón.
**Talón lineal: é o que está formado por unha superficie tan estreita e alargada que se parece a unha aresta afiada.
**Talón puntiforme: o que está formado unicamente polo punto de impacto, sendo apenas visible.