Wikipedia:A Taberna: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lmbuga (conversa | contribucións)
Liña 160:
 
'''Reflexión persoal''': Parece que se crearon políticas coa intención de limitar o poder que tiña a administración. Non o vexo mal, non o vexo mal dado que foi romper co pasado (quizais absurdamente, pois funcionabamos mellor) e non o vexo mal se hai unhas bases, un colectivo numeroso, que responde; pero non o hai. Pídolle expresamente a Alberte que para a próxima semana, se non encontra unha imaxe do día, que a deixe en branco, e se ten que quedar así tres meses, que quede (el xa fai de máis polo proxecto): É unha opinión persoal, pero políticas como as das votacións, partindo da realidade que hai, son irrespectuosas cos administradores (non estamos aquí para gaña-la vida, non temos tantos intereses poñer unha imaxe como imaxe do día cando non hai ningunha non pode ser un atentado contra a comunidade). Proponde algo--[[User:Lmbuga|Lmbuga]] <sup>[[:Commons:User talk:Lmbuga|Commons]] - [[User talk:Lmbuga| Galipedia]]</sup> 19:33, 25 abril 2008 (UTC)
 
:Non concordo con algúns detalliños mínimos, pero a túa reflexión é sabia. Eu debo confesar que non voto nesas cousas porque nunca me acorda nin estou pendente do tema. Quizais así lle pase ao resto da comunidade. Como vexo un pouco incongrunte mudar unha política que foi aprobada tan recentemente, creo que a solución de deixala en branco é a mellor. Pero agora mesmo vou vixiar esas dúas votacións, para que non me pasen desapercibidas. Síntoo, e pido desculpas pola falta de atención a ese campo. --[[Usuario:Xabier Cid|Xabier Cid]] 20:24, 25 abril 2008 (UTC)