Wikipedia:A Taberna: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xosé (conversa | contribucións)
A discusión sobre o conflito de agosto de 2007 trasladouse a Wikipedia:Resolución de conflitos/Casos/Agosto de 2007
Lmbuga (conversa | contribucións)
Liña 134:
[[zh:Wikipedia:互助客栈]]
[[zh-min-nan:Wikipedia:Chhiū-á-kha]]
 
== [[Wikipedia:Votacións]] ==
 
Temo que de non se considerar o seguinte os administradores vaiamos ser algún día profundamente criticados (xa o podemos ser hoxe). En [[Wikipedia:Votacións]] pódese observar que hai unha data para pechar as votacións (segundo o día en que se inicien), un tanto por cento de votos a favor para seren pechadas (iso está ben) e un número necesario de votos (iso tamén está ben -creo, pero non estou seguro-).
 
A cousa é que nos estamos a encontrar cunha realidade inviable. ¿Que ocorre se non participa bastante xente nas votacións? ¿Quedamos sen imaxe da semana? ¿Quedamos sen artigo do mes? ¿denegamos un bot -négome a facer iso (de aí que propuxese a miña revogación)- porque un usuario botou fóra de tempo?
 
A miña opinión é que temos que flexibilizar o tempo e o número de votos nas votacións. Mentres non se acaden os artigos necesarios para aprobar ou denegar, a votación pode -segundo o que eu creo que é mellor- quedar aberta ata -é o meu parecer- o tempo preciso ou o tempo que o administrador de turno considere necesario.
 
Quizais isto sexa darlle demasiado poder ós administradores (pero para temas como "Imaxe do día" ou "artigos destacados" non debería ser grave). Para non darlles tanto poder, proponde algo que axude, pero que tamen axude ós administradores e á Galipedia. O caso é que imaxes como a que temos actualmente como imaxe do día -non o comprobei- (vou comprobalo agora)...
 
...imaxes coma esa deberan ser rexeitadas (e o seu autor son eu, e estou convencido de que pode ser unha imaxe digna). Debera ser rexeitada porque o día que se propuxo foi o 25 febreiro, actualmente ten 7 votos a favor, pero o día que se debeu pechar a votación (segundo [[Wikipedia:Votacións]] para unha imaxe destacada fan falla 2/3 dos votos, 15 días de votación, 5 votos mínimos a favor) debeu ser o 11 de marzo; e o <u>11 de marzo tiña '''3 votos'''</u> (totalmente insuficientes para ser aprobada, debeu ser denegada). Alberte, con bo criterio (asfisiado porque non había imaxes), e coa miña aprobación (inda que non sabía que falaba, cando mo comentou, dunha imaxe miña) aprobouna e colocouna como imaxe do día. Quizais para a semana non teñamos imaxe. ¿Que queredes, queredes iso ou outra cousa?
 
Os adminisatradores estamos a velas vir. Vémonos obrigados a saltar as políticas para que a Galipedia continúe debido a unha política restritiva e pouco respectuosa -é meu parecer- co que pode desexar a comunidade.
 
Por favor, facede algunha proposta. Eu, desde logo, se a comunidade non se molla, recomendo ós administradores que, de aquí en adiante, pechen as votacións, e se quedamos sen imaxes do día, sen artigos destacados, sen o que sexa, problema da comunidade (Iso si, algúns dos administradores estamos en desacordo).
 
Que non se nos dean atribucións para nós mesmos colocar un artigo ou unha imaxe (cando non hai ningún que votar) paréceme un absurdo (pero iso xa é moito pedir, pois pode parecer que somos os donos do "cotarro" (eu vivín outros tempos, estou afeito a outros tempos, os de agora teñen moitas cousas boas, entre elas unha posible "democracia", pero funcionamos mal, pois para haber unha democracia ten que haber pobo que propoña e vote).
 
Un outro exemplo: As 2 últimas solicitudes de bot ([[Wikipedia:Bots/Peticións de aprobación]]) foron realizadas o 24 de febreiro de 2008 e 2 de marzo de 2008. Pecheinas o 18 de abril, cando as debía pechar o máis proximamente a pasados 7 días. Pecheinas e denegueinas por non ter votos suficientes, unha delas sen ningún voto en contra, cun comentario, iso si e con só un voto a favor.
 
¿Realmente as normas de votación están ó servizo da Galipedia ou a Galipedia ó servizo das normas?
 
¿É preferible que os administradores teñan unha certa liberdade ou que a Galipedia non funcione como debe funcionar? ¿Como conseguir que a Galipedia funcione sen que os administradores teñan excesivos poderes? ¿E excesivo decidir que con dous votos a favor ou tres unha imaxe poida ser imaxe do día (se é excesivo, a desta semana non debera selo, inda que ó final tivo sete votos)? ¿Que é o que non funciona? ¿Non funciona a Galipedia ou non serven as políticas?
 
'''Reflexión persoal''': Parece que se crearon políticas coa intención de limitar o poder que tiña a administración. Non o vexo mal, non o vexo mal dado que foi romper co pasado (quizais absurdamente, pois funcionabamos mellor) e non vexo mal se hai unhas bases, un colectivo numeroso, que responde; pero non o hai. Pídolle expresamente a Alberte que para a próxima semana, se non encontra unha imaxe do día, que a deixe en branco, e se ten que quedar así tres meses, que quede (el xa fai de máis polo proxecto): É unha opinión persoal, pero políticas como as das votacións, partindo da realidade que hai, son irrespectuosas cos administradores (non estamos aquí para gaña-la vida, non temos tantos intereses poñer unha imaxe como imaxe do día cando non hai ningunha non pode ser un atentado contra a comunidade). Proponde algo--[[User:Lmbuga|Lmbuga]] <sup>[[:Commons:User talk:Lmbuga|Commons]] - [[User talk:Lmbuga| Galipedia]]</sup> 19:33, 25 abril 2008 (UTC)