Diferenzas entre revisións de «Ávaros»

m (bot Engadido: da:Avarerne)
==Historia==
 
Os ávaros dirixíronse cara ao oeste a mediados do século VI, trala derrota dos [[heftalita]]s (hunos brancos) polos [[Köktürk]]s ([[turcos]] azuis). Aínda que inicialmente se dirixiron ao [[Imperio Romano de Oriente]], foron subornados polo emperador [[Xustiniano I]] e marcharon cara ao norte, internándose na actual [[Alemaña]], como fixera [[Atila]] un século antes. Alí atopáronse coa dura oposición dos [[francos]], e o lugar non lles pareceu adecuado para o seu estilo de vida nómade, polo que dirixiron a súa atención cara á [[chaira panónica]], habitada na época por dous pobos xermánicos, os [[longobardos]] e os [[xépidos]]. Aliados aos longobardos, destruíron aos xépidos en [[567]] e estableceron un estado no área do [[Danubio]]. A continuación comezaron a fustrigar aos longobardos, quen se viron obrigados a emigrar cara ao norte de [[Italia]]. O xefe dos ávaros nesta época chamábase [[Baian, (khagan ávaro)|Baian]], e gobernou aproximadamente entre [[565]] e [[600]].
 
A comezos do [[século VII]] os ávaros aliáronse cos [[Imperio Sasánida|persas]] contra o [[Imperio Bizantino]] e en [[626]] puxeron sitio a [[Constantinopla]], aínda que a denodada resistencia dos seus habitantes obrigounos a se retiraren sen conseguir o seu obxectivo e regresar a [[Panonia]].
52.368

edicións