Lasca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
mSen resumo de edición
Liña 7:
 
Como materia prima para a lasca elíxense rochas duras criptocristalinas de rotura concoidea. Isto é, rochas cunha estrutura amorfa, pero homoxénea, o que permite que durante a talla se produzan ondas vibratorias que se transmiten de igual modo en todas direccións. A talla orixina diferentes tipos de ondas, pero as máis importantes son as lonxitudinais (a onda de choque e a onda de fractura). Estas ondas adoitan seguir unha pauta moi común, deixando, ao se propagaren, unhas marcas características na zona de esgazamento que conforman as arestas extremadamente afiadas da propia lasca, que son a razón de se fabricar desde a [[Prehistoria]] máis remota.
 
O «concoide» é a parte máis notoria da cara inferior (ou ventral) da lasca, que é a superficie ao longo da cal se produce a fractura que separa a lasca do núcleo. O punto de impacto, unha pequena superficie case circular na que o percusor entra en contacto coa rocha, é a orixe desde o que se desenvolve un tronco de cono ou cono de percusión, que se vai combando ata adquirir unha forma similar á cuncha dun molusco bivalvo, de aí o nome de concoide. Despois, a curva da cara inferior suavízase ata case desaparecer. Pola contra, no núcleo queda o sinal da lasca, o chamado negativo de lascado (ou, simplemente, lascado), que ten a mesma morfoloxía pero inversa: un contraconcoide máis ou menos pronunciado e, a continuación, unha superficie sutilmente cóncava.
 
Dado que as rochas raramente carecen de impurezas ou fisuras, a onda de fractura adoita sufrir alteracións que permiten estudar mellor a talla ao xeito prehistórico. Así, aparecen diversos sinais moi útiles no estudo dos artefactos prehistóricos labrados. En liñas xerais os elementos máis comúns son: