Abrir o menú principal

Cambios

sen resumo de edición
A rexión de Santarém foi poboada na época prerromana por lusitanos. Atribúese a fundación da cidade ao [[Imperio romano|romanos]], que ocuparan a zona durante o [[século -II|século II a.C.]], denominándoa [[Scalabis]]. Ao longo do período romano, Sacalabis fora un importante posto comercial no [[río Texo|Texo]] medio, e como capital do [[conventus iurídicus|convento]] escalabitano, un dos tres da provincia da [[Lusitania (provincia)|Lusitania]].
 
Logo do período visigótico, Scalabis foi ocupada polos musulmáns no [[Século VIII|século VIII d.C.]], que converteran a cidade nun notábel centro cultural. Aquí naceran o poeta e historiador [[Ibn Bassam]] (falecido en 1147) e o poeta [[Ibn Sara]] (1043-1123).
 
O dominio islámico findou en 1147, cando [[Afonso Henríques]], o primeiro monarca portugués, tomou a cidade. No mesmo ano fora tomada tamén [[Lisboa]]. Ambos casos foran etapas cruciais no desenvolvemento da Reconquista portuguesa.
 
==Lugares de interese==
 
Entre os sitios dignos de ser visitados na cidade encóntranse:
*o '''Seminario''', cunha imponente igrexa, desde [[1970]] '''Catedral''' da [[diocese de Santarém]], foi construído polos [[xesuíta]]s no 1671, no lugar onde se ubicaba o pazo real. O interior da igrexa contén notábeis [[altar]]es [[Maneirismo|maneirista]]s e [[barroco]]s.
*'''Igrexa de Santa Clara''' do século XIII, custodia a tomba de [[dona Leonor]], filla do rei [[Afonso III de Portugal|Afonso III]], fundadora do convento, do que formaba parte o templo.
*'''Igrexa da Marvila''' do [[século XVII]], ricamente decorada de [[azulexo]]s.
*'''Igrexa da Graça''' do 1380, en estilo gótico florido; contén a tomba de [[AlfonsoAfonso Tellez de Meneses]], fundador da igrexa, a do sobriño [[Pedro de Meneses]] e a do descubridor e navegante [[Pedro Álvares Cabral]] (1467-1526), que estaba esposado cunha Meneses.
*'''Museu Arqueolóxico''', colocado dentro da '''Basilica de San Xoán de Alpordo''', románico-gótica, recolle obxectos variados do período da dominación islámica e da época manuelina.
*'''Xardín das Portas do Sol''', é un parque público urbano, sobre o sitio da antiga cidadela árabe.
4.047

edicións