Ramón Berenguer II: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
XoseBot (conversa | contribucións)
m Bot : Substitución automatizada de texto (-\[(C|c)ategory(:|: ) +[Categoría:)
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 9:
Ese mesmo ano, Ramón e Berenguer repártense a cidade de Barcelona, [[Castellvell]] e a súa marca, [[Olérdola]], [[Vilafranca do Penedés]], [[Vallmoll]], [[Benviure]], [[Gavá]], [[Pallejá]] e outros dominios. Ambos irmáns conviñeron residir de forma alternativa durante seis meses no palacio condal. As funcións soberanas quedaron indivisas, así como as rendas por xuízos, mercados, moeda e uns patios en Barcelona. Con todo, Berenguer seguiu reclamando e no [[1080]] obtivo do seu irmán a metade do castelo de Barbera, do da Bleda e dos condados de [[Carcasona]] e [[Rasés]]. Ramón comprometeuse a compartir todas as futuras adquisicións, incluíndo as naves que se construísen e as que se comprasen.
 
Acordaron tamén que a expedición prevista para o seguinte verán realizaríana conxuntamente. Finalmente esta expedición non se levou a cabo, seguramente polos cambios que sufriran os reinos de [[taifa]]s. Con ocasión da preparación desta empresa, [[o Cid]], enemistado co seu rei [[Alfonso VINVI de CastillaCastela]], trasladouse a Barcelona e ofreceu a súa colaboración, que non foi aceptada; actos eguido, quedou ao servizo dos reis sarracenos de Zaragoza mentres que o rei de Lérida apoiábase nos [[Reino de Navarra|navarros]] primeiro e nos [[conde de Barcelona|condes de Barcelona]] despois. Isto enfrontou a Berenguer Ramón co Cid preto de Almenar no verán de [[1082]]. Berenguer foi derrotado e feito prisioneiro sendo liberado pouco tempo despois.
 
O [[5 de decembro]] dese mesmo ano, Ramón Berenguer dirixíase a Barcelona atravesando o bosque de Perxa do Astor no [[Montnegre]]. Uns descoñecidos, talvez os seus propios acompañantes, asasinárono nese bosque. O seu cadaver foi trasladado a Xerona onde recibiu sepultura. O seu irmán foi acusado deste asasinato polo que recibiu o alcuño "do fraticida".