Jesús Carballo Taboada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 2:
[[Imaxe:Carballo_porFcoGonzalez.jpg|thumb|right|150px|Jesús Carballo García durante unha conferencia dos anos 50, apuntes do natural do ilustrador Francisco González]]
 
Estudiou orixinalmente a carreira eclesiástica como salesiano, pasando logo á clerecía secular incardinado no obispado de [[Burgo de Osma]], e formándose en Ciencias Naturais, nas que chegou a doutorarse pola Universidade de Madrid. Ademais de coñecido arqueólogo no ámbito local santanderino, era tamén virtuoso músico e políglota, e escribiu algunhas novelas históricas sobre escenarios prehistóricos e protohistóricos.
 
[[Imaxe:Prehist_carballo.jpg|thumb|right|150px|Portada do libro ''Prehistoria'']]
Liña 8:
Á súa chegada a Santander foille encomendada a dirección do novo colexio salesiano, que se encontraba aínda en construcción. Foi o creador en Santander da Sección de Espeleoloxía da [[Real Sociedad Española de Historia Natural]], e ostentaba ser o primeiro en España en utilizar esta terminoloxía para referirse á ciencia encargada de estudar as cavidades naturais. Unha das súas principais aportacións culturais foi a creación do actual [[Museo Regional de Prehistoria y Arqueología de Cantabria]], inaugurado en 1926. Estudiou diversas covas e xacementos paleolíticos, protohistóricos e romanos, e algúns xacementos paleontolóxicos do Cuaternario, principalmente de Cantabria. Son destacables as súas actuacións na [[Cova de El Pendo]] (co doutor [[Blas Larín]]) e na cidade romana de [[Julióbriga]] (coa colaboración do arqueólogo [[Vicente Ruiz Argilés]]), ámbalas dúas en Cantabria. Nunha das súas viaxes por motivos de saúde descubriu unha serie de pinturas na Cova de Ibeas ([[Serra de Atapuerca]], Burgos).
 
Foi membro do Centro de Estudios MontañesMontañés, comisario provincial de escavacións arqueólóxicas, director do Museo Provincial de Prehistoria, e membro de entidades relacionadas co patrimonio arqueolóxico.
 
Morreu en Santander o [[30 de novembro]] de [[1961]] tras unha longa e prolífica traxectoria profesional e literaria, de destacada vocación divulgadora. A cidade propuxo en [[2007]] trasladar os seus restos ó Panteón de Hombres Ilustres do camposanto santanderino.
 
== Obra ==