Grimoaldo I de Benevento: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:formateando categorías en maíuscula
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
'''Grimoaldo I de Benevento''' é un [[Lista dos duques e príncipes longobardos de Benevento|duque de Benevento]] que chegou a rei dos [[longobardos]].
 
Nacido antes de [[610]], fillo do duque longobardo [[Xisulfo II dode Friúl|Xisulfo II]] do [[Friúl]] e da princesa [[Baviera|baiuvaria]] [[Ramhilda de Baviera|Ramhilda]], filla de [[Garibaldo I de Baviera|Garibaldo]], [[Lista dos duques de Baviera|duque de Baviera]]. Sucede ao seu irmán [[Rodoaldo de Benevento|Rodoaldo]] á cabeza do ducado de Benevento en [[647]] e casa coa princesa [[Teodota]], filla do rei longobardo [[Catolicismo|católico]] [[Ariperto]].
 
En [[662]], despois do derrocamento dos reis irmáns [[Perctarito]] e [[Godeperto]], convértese en rei dos longobardos, deixando o ducado beneventino ao seu fillo máis vello [[Romualdo I de Benevento|Romualdo]]. Bo xefe militar, o seu reino está marcado por numerosas guerras nas fronteiras. Sae vitorioso varias veces sobre os [[Imperio Bizantino|bizantinos]] dirixidos polo emperador [[Constante II]] en persoa, que cercara Benevento, sobre os [[francos]], aliados co rei Perctarito, en [[Asti]], sobre os [[ávaros]], entre os que vivira como refén na súa xuventude e finalmente sobre as poboacións [[eslavos|eslavas]] do nordeste de [[Italia]], sometendo á nobreza rebelde e aos ducados autonomistas como os de [[Spoleto]] e do Friúl. Para someter este último, manda chamar aos ávaros para devastar o ducado. Morre de morte natural en [[671]]. A súa morte marca o inicio do poder da nobreza fronte ao poder real.