Abrir o menú principal

Cambios

sen resumo de edición
{{enuso}}
 
Os '''Defensores da Man Vermella''' (en [[inglés]]: '''Red Hand Defenders''' (RHD)) é un grupo paramilitar norirlandés creado en 1998 e composto principalmente de militantes [[protestantismo|protestantes]] partidarios da liña dura procedentes de [[Unionismo del Ulster|grupos unionistas]]. Está integrado por membros da [[Asociación de Defensa do Ulster]] e da [[Froza de Voluntarios Lealistas]], moitos dos cales son aínda membros destes grupos. En xaneiro de 2002, o grupo anunciou que os membros das escolas [[catolicismo|católicas]] de [[Belfast]] e os carteiros católicos eran obxetivos lexítimos. Malia os chamamentos de febreiro de 2002 da [[Asociación de Defensa do Ulster]] e da [[Forza de Voluntarios Lealistas]] para que anunciase a súa disolución, a RHD continúa a ameazar e a publicar reivindicacións de responsabilidade. A comezos de 2003, a RHD reivindicou a súa responsabilidade no asasinato de dous membros da Asociación de Defensa do Ulster como resultado do que é chamado descrito como unha guerra interna lealista. Tamén asumiu a autoría da colocación dunha bomba nas oficinas do [[Sinn Féin Poblachtach]] en [[Belfast]] Oeste que foi desactivada sen producir danos. Nos anos recentes, o grupo ten levado a cabo ataques contra obxetivos civís como vivendas, igrexas e negocios privados. En xaneiro de 2002, o grupo incendiou a vivenda dun funcionario de prisións en Belfast Norte.
 
 
Segundo a base de datos de mortes de Sutton no proxecto CAIN da [[Universidade do Ulster]][http://cain.ulst.ac.uk/sutton/crosstabs.html], a RHD foi responsable de oito mortes até 2001. Seis das súas vítimas teñen sido civís, unha era membro da [[Asociación de Defensa do Ulster]] e outra era membro da [[Real Policía do Ulster]].
 
[[en:Red Hand Defenders]]
[[es:Defensores de la Mano Roja]]
67.950

edicións